19/03/2012

Rectificar é de sabios






O Regulamento da Festa do Polbo aprobado por BNG/PP/PSOE tivo 15 días de vixencia. A Comisión Organizadora da Festa composta pola tríada “modificouno” o 15 de marzo, para dar acobillo a tódalas organizacións que solicitaron participar: Asociación Cultural Cofradía de Jesús de Nazareno, Rondalla Mugardesa, Casino de Mugardos, Casino de San Xoán, Casino Progreso de Franza (1ª vez), Club do Mar e Galicia de Mugardos.

O Regulamento derogado dicía: "no caso de que as solicitudes de participación fosen superiores a 6 sociedades a adxudicación dos postos o fara a comisión organizadora tendo en conta os seguintes criterios”: local social en propiedade, nº de socios, arraigo social, actividades que realizan durante todo o ano, etc.

¿Por qué 6 sociedades? Dicían que “polo espacio dispoñible e polo sistema de rotacións empregado”.

O 14 de febreiro de 2011, a Comisión de Cultura recoñecía a necesidade de elaborar un Regulamento de admisión de entidades tras a decisión unilateral do Alcalde, en contra da maioría da Comisión, de incorporar á “Asociación Cultural Cofradía de Jesús de Nazareno”. O 27 de xullo de 2011, EU presentou unha proposta para a mellora da Festa na que se incluía aprobar un Regulamento. O 7 de febreiro de 2012, e tras múltiples preguntas sen contestación, presentábamos unha proposta de Regulamento.

Á espera de ver as novas modificacións que acordaron na reunión da Comisión organizadora, este ano a Festa contará con 7 entidades “culturais e deportivas”. ¿Contaremos no 2013 con 8 entidades? Poderán participar tódalas entidades que o soliciten? O tempo o dirá.

16/03/2012

Unha proposta do BNG inviable?











A  proposta do BNG  é incorporar o proxecto de  “Actuación de mellora nos depósitos de Monte Pandoira” no PCC 2008-11 e na convocatoria de investimentos de promoción económica, as dúas de Deputación.
Do PCC remata o prazo de presentación o  31/3/12 - debendo ser aprobado polo pleno previamente - e de Investimentos o 15/3/12.
O BNG trouxo a proposta por valor de 86.000 € á Comisión de Obras do 14/3/12, sometendo a votación a mesma obra (renovación de todos os elementos de calderería existentes dentros da cámara de chaves do chamado “depósito novo”, así como a creación dun bypass) para as dúas convocatorias.
EU solicitou no día de hoxe 15/3/12 unha convocatoria urxente da comisión de obras para clarificar esta cuestión. Quedamos á espera.

13/03/2012

Emerxencia Social

O novo Regulamento de emerxencia Social aprobouse na Comisión de Benestar do 17 de Outubro de 2011, cos votos favorables de BNG e PP, o voto en contra de EU e a abstención do PSOE. Foi aprobado no Pleno do 25 de Novembro de 2011 co voto favorable do BNG, PP e PSOE e o voto en contra de EU. O 19 de Xaneiro, presentamos alegacións ó Regulamento. Os outros grupos aceptaron a maioría das nosas propostas e puidemos chegar a un acordo. As alegacións de EU votáronse no Pleno de 24 de Febreiro cos votos a favor de tódolos grupos. Aquí tedes un pdf con toda a información.

10/03/2012

10 de Marzo: Día da Clase Obreira Galega















No I Congreso do S.N. De CC.OO. de Galicia, celebrado os días 2, 3 e 4 de xuño de 1978 en Vigo acordouse que o 10 de marzo fose o Día da Clase Obreira Galega. A morte dos traballadores afiliados a CC.OO. Amador Rey e Daniel Niebla, os feridos, encarcelados e despedidos o 10 de marzo de 1972 en Ferrol, xunto coas posteriores mobilizacións na comarca de Vigo, serán sempre unha referencia de loita polos dereitos da clase obreira e a democracia.
Hoxe, 40 anos despois, a clase traballadora ten novos retos que afrontar, entre eles parar a reforma laboral do PP que degrada as nosas conquistas ou deseñar alternativas que profundicen na democracia para a cidadanía.
Como sempre debemos utilizar todalas ferramentas das que podemos dispoñer para conquerir logros, así que vemonos nas manifestacións dos días 10 e 11 de marzo ás 12:00 con saída da Praza do Inferniño.

07/03/2012

"Conecting girls, inspiring future"

O goberno municipal utiliza o tema da páxina web "internationalwomensday.com" para que o Concello de Mugardos conmemore o Día Internacional da Muller Traballadora. A ONU elexíu: "Autonomía rural, erradicar a fame e a pobreza" e o Parlamento Europeo: "Igualdade na remuneración por traballo de igual valor". Sen comentarios. Na imaxe da esquerda, unha captura de pantalla da páxina de referencia da campaña do goberno do BNG, co logo dalgúns patrocinadores e unha interesante información sobre as girl-scouts.

Xoguetes de Nadal:Grazas, Mr. Scrooge!













Dos 800 € destinados para Axudas de Xoguetes de Nadal, os/as beneficiarios/as só puideron xustificar o 60%, así que temos un aforro de 300€.
As notificacións da concesión ou denegación da axuda producíronse a partires do 24 de xaneiro, pero iso si, tiñas que ter a factura de antes do 6 de Xaneiro.
Destacar tamén que só o 33% dos cartos foron xustifacados con facturas do comercio local.
Conclusión: Os grupos municipais do BNG e PP, que aprobaron as bases do ano 2011, deberían reflexionar para aprobar no ano 2012 unhas bases que realmente respondan ás necesidades das/os nenas/os cuxa familia pasa por dificultades e favorecedoras da economía local.

06/03/2012

COMEDOR ESCOLAR













A aprobación da taxa do comedor convírtese nunha excusa perfecta para subir un 35% o prezo do menú para unha boa parte dos/as usuarios/as, pasando de 3,8 € menú/día no curso 2010-11 a 5,15 € menú/día a partires de agora. A eliminación dunha porcentaxe de bonificación que ata o de agora recibían tódolos usuarios pode pór en risco de desaparición ou de insostibilidade económica un servizo de conciliación da vida familiar e laboral, así como de garantía dun xantar para os nenas/os con familias en dificultades económicas.
Ata o de agora, non existía ningunha taxa ou norma que prohibise ó grupo de goberno financiar ós/ás fillos/as de familias en emerxencia social a totalidade do custo do comedor escolar. Agora familias que poden acceder a axudas de alimentación co Regulamento de Emerxencia en vigor terán que cofinanciar o coste do comedor dos seus fillos.
Estas dúas cuestións, sumadas a outras diferencias, fixo que EU presentase unha reclamación á taxa aprobada polos grupos municipais de BNG/PP/PsdeG-PSOE, reclamación que non foi aceptada polo resto dos grupos. [Máis información, AQUÍ]