25 sept 2007

Resumo da moción presentada o 24 de Setembro

E.U.-I.U. denuncia que nos convenios asinados con Forestal e Reganosa por parte do Concello se produciu unha caducidade devenida, polo tanto xa non están en vigor.
Se o Concello de Mugardos quere seguir ampliando a zona industrial, deberá renegociar de novo os convenios con Reganosa ou prorrogar os convenios existentes.
As modificacións necesarias do P.X.O.M. para a pretendida ampliación de solo industrial non foron nunca aprobadas pola Xunta de Galicia.Recordemos que a calificación que marca o P.X.O.M. para esos terreos son Solo Urbano, Solo Rústico de Protección de Costas, Solo Rústico de Protección de Patrimonio e Solo de Sistemas Xerais de Espacios Libres.
O G.M. de E.U.-I.U., a través dunha moción ó Concello Pleno, solicita que se den por caducados os convenios ( 5 anos eran a súa duración e asináronse en xaneiro de 2002, có único voto en contra de E.U.-I.U.) e que a calificación do solo siga sendo a mesma que contempla o Plan Xeral do ano 99.

Texto completo da moción

No hay comentarios: