1 oct 2007

Preguntas de E.U.-I.U. no pleno ordinario de setembro

1.- A maiores do acordo plenario sobre a suspensión de licencias de parcelación ou segregación no solo de núcleo rural, que medidas se adoptaron para a revisión de oficio do acodo de data 12 de setembro, polo que se aprobou a parcelación da finca matriz en 19 parcelas, e o acordo da Xunta de goberno de 29 de novembro de 2006, polo que se otorgou lcencia municipal para a construcción de 6 vivendas unifamiliares? Esta suspendida a licencia de construcción de 6 vivendas unifamiliares promovidas por Desarrollos Inmobiliarios Grandallana, en Franza, tal e como require a Xunta de Galicia?
Para ver o texto integro da resolución da Xunta en Grandallana,urbanismo

2.- O día 5 de setembro entrou por rexistro a versión pública do informe de seguridade do establecemento de Reganosa, en Mugardos, enviado pola Consellería de Innovación e Industria, que medidas se habilitaron por parte do grupo de goberno para facilitar a consulta á cidadanía? E por qué non se facilitou ningunha documentación ós grupos municipais? Recordamos que a circular da Xunta de Galicia, di textualmente:"o informe de seguridade debe estar a disposición de calquer interesado".

3.- Podería indicarnos si o novo vial para o cal concederon licencia na Xunta de Goberno do día 25 de setembro, vaí anular a baixada á marea? Rogamos dado o movemento de terra que se estan a facer, o Concello vixíe que o camiño que da acceso á marea non se vexa inutilizado.

4.- Podería explicarnos que traballadores do Concello utilizan o tractor-desbrozadora, para que traballos foí utilizado e si tivo algún tipo de accidente, na súa corta vida?

5.- Rogamos: Que se habilite o mecanismo necesario si non houbera cartos suficientes na partida presupostaria para que a policía local sobre as horas nocturnas que ven realizando dende o día 23 de xullo.

No hay comentarios: