4 dic 2007

Detencións en Mugardos

O Grupo Municipal de E.U. é consciente do interés e a expectación xeneradas polas detencións que se produciron na Vila o día de onte. Así como as nosas actuacións estiveron guiadas pola responsabilidade e o rigor, queremos darvos a mellor información posible sobre o asunto, da que disporedes mañá sen falla. Ata entón, podedes consultar as entradas antigas, especialmente as que levan as etiquetas "policía local" e "urbanismo", que abordan algunha destas cuestións. Á vista delas, non parece serio que os responsables políticos eludan a súa responsabilidade cun simple "non sabía nada". No momento en que se lles plantexaba a posibilidade de explicar ou aclarar circunstancias, cando menos sorprendentes, respondían, sistemáticamente, có silencio máis despectivo (véxase tamén a etiqueta "preguntas").

2 comentarios:

Anónimo dijo...

...o silencio máis despectivo dalguén que despreza a todo aquel que non lle pasa a man polo lombo. Agora que recolla o que sementou.

Romayo de Chanteiro dijo...

Bon traballo ...., que debía ser espallado por outros concellos da bisbarra.