18 dic 2007

Querella da arquitecto Xulia Cortizas contra Pilar Díaz

Xulia Cortizas presentou unha querella criminal no xuzgado nº3 de Ferrol contra Pilar Díaz, única representante de EU-IU no Concello de Mugardos. Pilar compareceu no xuzgado o venres 14 de Decembro, no curso dunhas dilixencias previas para ver se a querella é admitida. Aínda tardaremos en saber se a xuiz a admite ou non. Polo momento, Pilar só prestou declaración e aportou como proba que xa fora "sobreseida libre" unha querella presentada nos mesmos termos pola Alcaldía e na que Xulia comparecera como testigo do alcalde.
A querrella criminal púxose por informar á poboación de supostas irregularidades urbanísticas no Concello.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

O xuíz alucinaría ó ver a inversión de persoaxes nesa querella e na sobreseída a pasada semana. E ánimo Pilar, contas co apoio de moitos mugardeses atónitos.

Anónimo dijo...

Do mesmo xeito que foi sobreseida a querela criminal presentada polo sr. Alcalde contra os portavoces dos grupos municipais de Independentes por Mugardos,Esquerda Unida e PSOE, agardo e desexo que o mesmo aconteza coa presentada contra Pilar Díaz por unha das arquitectas imputadas na presunta trama urbanística descuberta na OPERACION VIRGIN.