23 ene 2008

COMUNICADO ÓS MEDIOS

O alcalde non inclue a revocación do acordo plenario relativo á súa adicación exclusiva na orde do día do pleno ordinario.

A pesares de entrar por rexistro en tempo e forma, para ser incluido na orde do día do pleno ordinario, o alcalde non inclue a moción de todolos grupos municipais da oposición para revocar o acordo plenario do día 3 de xullo do 2007 polo cal o concello pleno votaba a favor de concederlle a adicación exclusiva, por valor de 30.000€, repartidos en catorce pagas.

A proposta de revocar a adicación exclusiva do alcalde, foí plantexada polo G.M. de E.U.-I.U., ó resto dos grupos municipais da oposición, convertíndose polo tanto nunha moción conxunta de todos e plasmada na entrada de rexistro do Concello efectuada no día de onte.

A proposta que contempla a moción recolle unha asignación por asistencia de luns a sabado, ambos inclusive, de 40€ diarios, dadoS os reiterados incumplimentos das funcións do alcalde. SEn ir máis lonxe, podemos ratificalo coa non inclusión da moción presentada na orde do día do pleno ordinario, do venres, 25 de xaneiro, ás 19:00h.

Dende E.U.-I.U. entendemos este incumplimento como unha reiteración dos seus incumplimentos, realizados durante o mandato anterior e na nova corporación. Isto é unha mostra mais do desprezo que o alcalde ten polos veciños/as de Mugardos, representados polos/as seus/suas concelleiros/as. Non é un desprezo ós grupos municipais.

Recordar que o Concello pleno é o máximo órgano de goberno do Concello, onde están representados tódolos/as veciños/as. Nós preguntamos: Por qué o alcalde non quere debatir a revocación da súa adicación exclusiva? Ten previsto dimitir e por iso evita este debate? Ou non só defendemos os intereses dos vecinos, tamén o noso salario?

Dende E.U.-I.U. plantexaremos ó resto dos grupos municipais da oposición asinantes da moción que se presente pola vía de urxencia e así se poda debatir no pleno ordinario do venres.

Mugardos, 23 de xaneiro de 2008


Portavoz do G.M. de E.U.-I.U.


Asdo. Pilar Díaz Otero

7 comentarios:

Anónimo dijo...

hay que actualizar!!!..

Anónimo dijo...

Cando vades actualizala páxina?

Anónimo dijo...

Agardamos,cando menos,que se entenda que represantamos unha opción política máis cualificativa que cuantificativa e que nese senso estamos á espera que a primeira forza da esquerda na oposición, o PSOE,se manifeste como tal, se defina e así o transmita poñendo ao día a súa páxina .

Anónimo dijo...

?????????

Anónimo dijo...

Hello. This post is likeable, and your blog is very interesting, congratulations :-). I will add in my blogroll =). If possible gives a last there on my blog, it is about the TV de LCD, I hope you enjoy. The address is http://tv-lcd.blogspot.com. A hug.

Anónimo dijo...

hai que actualizar, ¿ou xa pechou izquierda unida? ¿vamos ter Olivo aquí tamén?

Anónimo dijo...

hay que actualizar¡¡¡¡¡
esperemos que actualizeis explicando lo que pasara el viernes en los juzgados de ferrol.....................