13 feb 2009

INAUGURADO NO 2008 PERO PECHADO ÓS GRUPOS MUSICAIS

O local de ensaio dos Novás, apoiado por E.U.-I.U., sigue pechado ós grupos musicais pola incompetencia do goberno municipal.Tivemos que impulsar a súa creación,o regulamento e agora a súa apertura.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

O dos grupos musicais foi unha disculpa do alcalde para que a A.VV. de Meá non fixera uso do local

Artritris dijo...

Tampouco hai que aparanoiarse metendo agora no medio das liortas entre o Alcalde e os veciños/as de Meá ao local de ensaio para os grupos. A ver se van ter menos dereito que as asociacións veciñais.
O local está ben, a idea está ben, é preciso incentivar a producción cultural da xente da vila e non convertila sempre en simple espectadora.
O que eu escoitei sobre a longa, vergoñentamente longa espera á estrea do local é que non había consenso entre os grupos políticos sobre o sistema de custodia do local e as súas pertenzas.
Convén resolver isto axiña. Xa non son admisibles máis retrasos. Pero ollo, que as presas de última hora non nos fagan cometer chapuzas e quedemos cun local saqueado aos tres días.
As chapuzas e a pouca perspectiva son males moi comúns nestes lares.