14 abr 2009

A campaña Idea Libre: Futuro Republicano é unha iniciativa de “solta de DVD” que pretende achegar no 79 Aniversario da proclamación da II República un recoñecemento ás persoas que defenderon a legalidade constitucional instaurada no ano 1931. A “solta de DVD” realizarase en parques, paseos, cabinas telefónicas,etc. Unha vez que o visiones, “sóltao” noutro lugar para que a cadea de coñecemento non se rompa e sexa o máis ampla posible. Cando atopes o DVD da campaña “IDEA LIBRE: UN FUTURO REPUBLICANO”, escríbenos un correo electrónico á dirección eumugardos@gmail.com e así poderemos seguirlle a pista e ver ata ónde chegou.