19 ene 2010

Non se quere facer a obra ou non se falan?.

Abastecemento de auga en Franza,se pide subvención pero o concello non consigna cartos.

Anexo

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Isto ven a demostrar unha vez máis o que xa teño dito en algunha outra ocasión, a cultura municipal que está demostrando Esquerda Unida en Mugardos non só exercendo o control e a denuncia do goberno municipal senón tamén, facendo propostas razoables como o do abastecemento de auga en Franza rexeitada polo goberno municipal coa compkicidade de algún outro grupo político, posto que o BNG non conta cós votos suficentes para sacar adiante as suas propostas ou reixeitar outras,necesita por tanto o apoio ou complicidade de outros grupos mediante o apoio directo ou á abstención que aos efectos ven a ser o mesmo.
Polo manifestado anteriormente non estaría de máis que Esquerda Unida dera a coñecer a identidade dos grupos que colaboraron có BNG para rexeitalo proxecto de auga para Franza. Os veciños teñen dereito a sabelo.

Anónimo dijo...

Hai que ter... como pouco pouca memoria. Franza estivo sen auga desde sempre, e os gobernos de IU con maioría absoluta non puxeron nin un só metro de tuberías. Quen os puxo foi o BNG. Agora que Franza está tendo a rede de augas é cando vos entran as présas... Pero a quen queredes enganar?

Anónimo dijo...

O bloqueiro anterior cando se refire os gobernos de IU con maioría absoluta,non ten en conta ou non lle convén recordar que naquel entón,xa fai anos,non se deron os ingresos multimillonarios da Planta de Gas, preto de mil millóns das antergas pesetas pola licenza de obras mailos cuantiosos ingresos anuais por impostos, o primeiro Plan "E" con máis de 900.000 euros(150 millóns de pts) , o segundo Plan "E" con máis de 600.000 euros (100 millóns de pts), os ingresos derivados do desenvolvemento urbanístico ligado ao Plan Xeral de Ordenación Municipal e á “ gurgulla urbanística “.

Aproveito a ocasión para recordar que non estaría de máis que se soubese públicamente onde i en que se gastaron os grandes ingresos da licenza da Planta de Gas, posto que é unha pregunta que se fan caseque a totalidade da cidadanía.

Anónimo dijo...

O de izquierda unida que fai o comentario anterior ten razón cando xustifica que os gobernos de IU con maioría absoluta non facían nada porque non había cartos. É certo, pero estaba Forestal e os impostos que se lles cobraban eran moi baixos. Fixo ben o BNG ó subirlle os impostos a Planta de Gas e recadar o máximo, gracias a eso se poden facer todas as obras que se están facendo (e que ti dis que non ves) e gracias tamén a ir petar seguido na porta da Xunta e da Deputación.

EU-IU dijo...

A Planta de Gas obtivo a licencia constructiva e de actividade na corporación presidida polo BNG,03-07.O pago da licencia constructiva se realizou en tres anualidades,todos baixo unha corporación presidida polo BNG.O imposto de bens inmobles o paga por primeira vez no ano 2008,cun valor de 558.059,22€, baixo unha corporación presidida polo BNG.O imposto de actividades económicas o vaí pagar por primeira vez no ano 2010,baixo unha corporación presidida polo BNG.Polo tanto, parece obvio que o BNG non realizou ningunha suba de impostos á Planta de Gas, dado que antes de que eles presidirán a corporación a Planta de Gas non existía en Mugardos.
Forestal do Atlántico:EU conquireu que pagará unha cantidade especial na taxa de auga potable,incluindo na ordenanza Zona Especial Punta Promontoiro.Durante estes últimos anos dende EU, propuxemos ós diferentes gobernos do BNG que aínda que non se actualizase a taxa ós/as veciños/as esta debería ser actualizada a Forestal dado que do consumo de auga potable obtén un beneficio empresarial.A resposta é obvio, a Forestal non se lle subeu o coste da auga potable.De tódolos xeitos,podes indicarnos donde EU se opuxo a unha suba dos impostos a Forestal propostos por un goberno do BNG.
Por último,repaso ás diferentes corporacións democráticas.Sumaremos como gobernos de EU, os do PCG máis os de EU:
Corporación 79-83, con maioría absoluta.
Corporación 83-87, en minoria tras fracasar o acordo co PSOE
Corporación 87-91, acordo de goberno UC-BNG-EU (1 concelleiro).
Corporación 99-03, acordo de goberno PSOE-BNG,IpM,EU (1 concelleira).
Gobernos nos que participou BNG:
Corporación 87-91
Corporación 99-03
Corporación 03-07, goberno en minoría do BNG tras fracasar o acorodo de goberno co PSOE.
Corporación 07-11, goberno BNG en solitario.

Anónimo dijo...

Falso. Foi o goberno do BNG o que subiu o IAE para instalacións de xeración de enerxía, e sabédelo. É certo que antes non había ningunha planta de gas, pero de habela tería pagado unha birria.