10 may 2010

Reganosa comprometida con Mugardos?

















Dende o GM de EU-IU solicitamos a Reganosa un maior compromiso coas
entidades culturais, asociacións e clubes de Mugardos, dada a súa
ubicación neste concello. Entendendo a independencia de que gozan as empresas privadas para
elexir a qué equipos ou clubes patrocinan, cremos imprescindible que unha
empresa do calado de Reganosa, ubicada en Mugardos, teña unha maior
implicación cos clubes e entidades da nosa localidade.
Como ben é sabido, o movemento asociativo pasa por dificultades, hoxe en
día moito maiores das que xa soportan habitualmente.Respectando o
patrocinio que Reganosa lle fai ó Racing de Ferrol, demandamos unha
política de patrocinio máis activa para cós clubes, asociación e entidades
ubicadas en Mugardos; unha política que fuxa das axudas a conta gotas previa petición para
actividades concretas e que se reconvirta nunha política de apoio real e
efectivo para a mellora da calidade dos nosos clubes, asociacións e
entidades. Polo tanto, dentro do compromiso que lle solicitamos a Reganosa para coas
entidades de Mugardos, cremos que unha boa iniciativa sería que a
empresa asinara un convenio co concello para patrocinar o deporte
e as actividades culturais en Mugardos que son impulsadas polas
nosas sociedades; e polo tanto, a reversión da aportación de Reganosa no
propio movemento asociativo baixo parámetros de interés da actividade.
O GM de EU-IU presentará esta proposta na comisión informativa de Cultura
e Deportes do concello de Mugardos para ver o apoio có que contaría dos
diferentes grupos municipais.
Mugardos, 11 de maio de 2010
Portavoz do GM de EU-IU
Asdo. Pilar Díaz Otero

1 comentario:

Anónimo dijo...

Me encanta la foto. Hay tanta información en ella...