3 jun 2010

XOSÉ MANUEL IGLESIAS
















O 27 de Maio celebrouse en Ferrol unha homenaxe ao noso compañeiro Xosé Manuel Iglesias. Interviron a nosa concellala, Pilar Díaz, José Manuel Sánchez Aguión, secretario xeral do Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia e Rodolfo de Benito, membro da executiva confederal de CC.OO. Durante o acto, presentouse un libro sobre Xosé manuel editado por Antonio Blanco Carballo e Víctor Manuel Santidrián Arias. En Mugardos pódese adquirir no estanco de Luisa.
Sirvan estas liñas como modesto homenaxe e ofrenda de gratitude a Xosé Manuel, pero tamén á súa esposa e fillos, que compartiron con el as dificultades e sinsabores que a inxustiza e a falla de liberdade lle impuxeron e ás que, en verdade, el acabou impoñéndose. Grazas.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

O meu recoñecemento e gratitude para Iglesias.

Anónimo dijo...

Ademáis da sua longa e honrosa traxectoria na loita permanente para rachar coa ditadura franquista e na recuperación das liberdades democráticas, os que o coñecimos tamén na sua etapa na política municipal non podemos deixar de recoñecer públicamente a sua honestidade e capacidade de traballo .

Todo un comportamento a seguir , e máis ainda nestes intres onde tanto botamos en falta comportamentos de honestidade e traballo na defensa do interés xeral dende os valores democráticos.

Que sirva de homenaxe, pero tamén de exemplo.

( Na memoria de José Manuel Iglesias)