O GM de EU-IU demanda a limpeza do vertedeiro incontrolado que hai no cruce de Rilo-Souto da Cana, así como a adaptación desta intersección para a ubicación de contenedores.
Na citada intersección, existen na actualidade contenedores de residuos orgánicos e envases, non así de vidro, papel e aceite doméstico. Na mesma, tamén se depositan os enseres os días marcados para a súa recollida. Propoñemos ó goberno que faga as xestións oportunas para axustar o terreo á rasante do vial, colocar os contenedores dos que carece (vidro,papel e aceite doméstico), e habilitar o espacio necesario para o depósito dos enseres, sen que estos invadan a estrada.
3 comentarios:
Costa traballo exspresarse en termos respetuosos comprobando a neglixencia dos responsables do Concello na lipenza do povo, pero xa que logo direi, sinxelamente, que dá pena ver o noxo que causa o abandono da limpeza municipal.
Grazas.
E logo a ría está limpa?
Barquiños exploxivos, plantiñas de gas,...todo está que dá un gusto que para si quixeran en San Sebastián, ou en Barcelona, ou en Madrid, ou en en Granada, ou en Santander; ou na Casa Blanca, ou na Moncloa, ou en Mar de Plata (vaites ti a saber...); ou na ría de Ribadeo.
Hai que foderse. O mellor defrute da natureza, a ría (e máis "cousiñas"), e así o permitiron dexenrar.
O de Souto da Cana ao lado de todo isto é igual de importante, e exactamente igual de degradante por culpa da deixadez do señorito.
Hai que limpar este vertedeiro canto antes tedes razón. Mugardos non pode volver á época na que gobernaba IU e había vinte ou trinta vertedeiros incontrolados moito mais grandes que este e que botaron anos sen limpar,
Publicar un comentario