Fai algúns dias intentei introducila presente nota no espazo de PRAZA PUBLICA e non o conseguín, motivo polo cal,ainda que non sexa o apartado axeitado,intento reflexala eiquí por considerala de actualidade.
ORZAMENTOS DA XUNTA DE GALICIA PARA 2011 :
Pasado un pempo prudencial sen ter noticias ao respeto sorpréndeme moito que a istas alturas os partidos ou grupos municipais do Concello de Mugardos con representación no Parlamento Galego non nos teñan informados sobre a repercusión dos Orzamentos da Xunta no noso municipio.
Me preocupa moito que o Partido Popular non faga nengunha mención sobre o asunto, pois me temo que non teña nada positivo que comentar mentras que por outra banda a súa preocupación está na realización do “taller de suppersex”.
Me sorprende que por parte do goberno municipal do BNG, tan dado á utilización da amplificación mediática,esté tamén calado.
No que respeita ao grupo municipal socialista dicir que non me sorprende en absoluto o seu silenzo posto que, seguen a manterse calados.
Finalmente agardo que neste foro aberto sexa una vez máis Esquerda Unida a que facilite información sobre o particular, a pesar de que non conta con representación no Pazo do Hórreo.
A defensa e a mellora da sanidade pública faise co voto. As xustas protestas e as obrigadas manifestacións da cidadanía son imprescindibles; non obstante co voto dádo ás forzas de esquerdas, especialmente a IU, para largar do goberno de Galica ao PP, é fundamental para evitar a privatización da sanidade pública, que é o que busca Feijoo, un cidadán coma outro calquera, pero entregado aos intereses particulares como sempre fixo o PP (e tamén o BNG, quedou claro no seu labor de goberno na Xunta de Galicia, que por certo foi un desastre tamén motivado por intereses particulares e partidistas. Claro que esta forza está acabada e senón ao tempo...).
O hospital comarcal de Cee, na Costa da Morte, era unha fundación. E outros tantos. Así amañaban os postos a dedo os peperos. Por fortuna, agora é un hospital público. A ver que pasa coa sanidade pública en Cee que pode revertit á época e política Fraga. O mesmo pode ocurrir con Monforte ou Burela, por citar tan só uns exemplos. Nas mans da dereita conservadora do PP recalcitrante mal irán as cousas. Un exemplo: para facer unha resonacia magnética na veciña costa luguesa (Burela) vai un camión, sí, un camión, e os pacientes con cita previa de longos meses de espera suben o día de turno e logo esperan outros tantos polos resultados da proba. Así que se queremos ser cidadáns de verdade o que temos que facer e poñer no seu sitio aos partidos políticos que tanto nos levan enganado. É dicir, lonxe do poder porque acaban con nós. J.C. (Médico).
2 comentarios:
Fai algúns dias intentei introducila presente nota no espazo de PRAZA PUBLICA e non o conseguín, motivo polo cal,ainda que non sexa o apartado axeitado,intento reflexala eiquí por considerala de actualidade.
ORZAMENTOS DA XUNTA DE GALICIA PARA 2011 :
Pasado un pempo prudencial sen ter noticias ao respeto sorpréndeme moito que a istas alturas os partidos ou grupos municipais do Concello de Mugardos con representación no Parlamento Galego non nos teñan informados sobre a repercusión dos Orzamentos da Xunta no noso municipio.
Me preocupa moito que o Partido Popular non faga nengunha mención sobre o asunto, pois me temo que non teña nada positivo que comentar mentras que por outra banda a súa preocupación está na realización do “taller de suppersex”.
Me sorprende que por parte do goberno municipal do BNG, tan dado á utilización da amplificación mediática,esté tamén calado.
No que respeita ao grupo municipal socialista dicir que non me sorprende en absoluto o seu silenzo posto que, seguen a manterse calados.
Finalmente agardo que neste foro aberto sexa una vez máis Esquerda Unida a que facilite información sobre o particular, a pesar de que non conta con representación no Pazo do Hórreo.
A defensa e a mellora da sanidade pública faise co voto. As xustas protestas e as obrigadas manifestacións da cidadanía son imprescindibles; non obstante co voto dádo ás forzas de esquerdas, especialmente a IU, para largar do goberno de Galica ao PP, é fundamental para evitar a privatización da sanidade pública, que é o que busca Feijoo, un cidadán coma outro calquera, pero entregado aos intereses particulares como sempre fixo o PP (e tamén o BNG, quedou claro no seu labor de goberno na Xunta de Galicia, que por certo foi un desastre tamén motivado por intereses particulares e partidistas. Claro que esta forza está acabada e senón ao tempo...).
O hospital comarcal de Cee, na Costa da Morte, era unha fundación. E outros tantos. Así amañaban os postos a dedo os peperos. Por fortuna, agora é un hospital público. A ver que pasa coa sanidade pública en Cee que pode revertit á época e política Fraga. O mesmo pode ocurrir con Monforte ou Burela, por citar tan só uns exemplos. Nas mans da dereita conservadora do PP recalcitrante mal irán as cousas.
Un exemplo: para facer unha resonacia magnética na veciña costa luguesa (Burela) vai un camión, sí, un camión, e os pacientes con cita previa de longos meses de espera suben o día de turno e logo esperan outros tantos polos resultados da proba.
Así que se queremos ser cidadáns de verdade o que temos que facer e poñer no seu sitio aos partidos políticos que tanto nos levan enganado. É dicir, lonxe do poder porque acaban con nós.
J.C. (Médico).
Publicar un comentario