Cada ano que pasa quedan menos e os que quedan sofren podas dramáticas, a maleza os come, son talados ou se espera a que vaian morrendo. Por iso colocamos estas "lápidas" na estrada da Redonda. Dende hai meses demandamos unha protección efectiva, porque legal xa a teñen. Axúdanos a conservar os existentes e a que se realicen novas plantacións.
5 comentarios:
De acordo, pero non me encaixa moi ben coa campaña que fixo Izquierda Unida na anterior lexislatura para impedir que se plantaran árbores na avenida do Seixo, co argumento de que eran contaminantes ou non sei que e quitaban prazas de aparcamento. Pilar está ao vento que mellor sopra.
Hola,
Estamos de acordo na necesidade de intentar salvar as árbores protexidas pola lei, que forman o paseo dende o Peteiro ata o Castelo da Palma.Polo tanto, supoño que consideras positiva a campaña de EU-IU, non a de Pilar.Campaña iniciada dende faí bastantes meses no ámbito do Concello.Me estrana que non apuntes o cambio de postura do goberno que plantou árbores na Avda. do Seixo e non e quen de facer nada para salvar o pouco que queda dos da Redonda ou plantar árbores novos.Non te estrana este cambio de opinión?Será que están ó vento que mellor sopra? En todo caso, con respecto á Avda. do Seixo, o GM de EU-IU, non se opuxo á plantación de árbores senón que ó igual que o resto dos G.M. que non formaban o goberno asinou unha moción para que se debatise no pleno o escrito de demanda dos veciños da Avda. do Seixo e que o goberno levaba sen contestar. As veciñas e os grupos municipais non solicitabamos que non se plantaran as árbores senón que non se plantaran nas entradas de vehículos e que se racionalizase a súa plantación para non anular tódolos aparcadoiros creados pola obra realizada con cargo á Deputación Provincial,titular do vial.
Espero que poidas ver a diferencia, entre unha actuación e a outra.
Me parece una campaña genial. Mugardos cuenta con lugares preciosos, pero sin duda, la zona árborea que entra A Redonda, es magnífica y desde luego IU está demostrando que se está moviendo y preocupando que se proteja, independientemente de sus ideales políticos.
Sinceramente, gracias.
Je je non sabedes nin nada, unha mesma formación política presenta unha proposta para que non se planten árbores nun sitio e logo outra para que se planten noutro... Xa perdestes o norte.
Con respecto ó anterior comentario, é obvio que non aporta nada e que a contestación xa estaba dada, pero publicámolo igual: hai quen non ten nada que dicir, pero sente a necesidade de expresar... algo.
Un saúdo.
Publicar un comentario