20 ene 2011

As campañas dan resultado



















O Bando do Alcalde, dirixido ós donos de cans, parece, por fin, a resposta á nosa campaña polo cumprimento das Ordenanzas, deixando bolsas de plástico en diversos puntos do Concello. Outra campaña que tivo éxito foi a da rúa dos Corzás, onde xa se retirou a caseta de obra que levaba alí desde tempo inmemorial. É unha pena que o goberno municipal tardase tanto en reaccionar: pretendían solucionar estes problemas o máis preto posible das eleccións municipais?

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Enhorabuena a todos! Poco a poco se van viendo progresos.

A veces hay que dejar la simpatía a un lado y ser un poco más contundentes, veremos si funciona, esa es la segunda parte.

Enhorabuena también por la retirada de la caseta de obra que se encontraba colocada al lado del Autoservicio Familia.

Anónimo dijo...

O pasado día 7 de xaneiro o xornal “La Voz de Galicia” publicaba unha nota informativa do Cocello de Mugardos que dicía o seguinte :

O CONCELLO DE MUGARDOS ALERTA SOBRE O POSIBLE DERRUBAMENTO DA FACHADA DO ANTIGO CINE ZARATE

O alcalde solicita á Xunta que asegure o edificio para evitar «perdas irreparables»

O antigo cine Zárate de Mugardos presenta unha deterioración tan evidente na súa fachada que o Concello teme que se derrube parte da estrutura principal do edificio. Así llo fixo saber o alcalde do municipio, o nacionalista Xosé Fernández Barcia, á Xunta, que se comprometeu, en virtude dun convenio asinado en decembro do 2006, a transformar o monumento nun centro de día. Desde o Goberno galego aseguraron que habilitarán unha partida para tratar de facer fronte aos problemas do emblemático inmoble, pero aínda non hai unha data concreta para que comecen os traballos de consolidación.
«Se non actúase pode haber perdas irreparables non edificio», aseguraba hai poucos días o rexedor mugardés despois de manter un encontro de traballo con responsables do Executivo autonómico.


Transcorrido xa certo tempo dende a publicación da devandita información, resulta algo máis que preocupante o feito de que, cando menos e en tanto en canto a administración autonómica non cumpra os compromisos adquiridos para a rehabilitación e acodicionamiento do devandito edificio, cuestión que parece non importar demasiado ao actual goberno da Xunta, non se tomasen as medidas de seguridade necesarias para evitar riscos e protexer desta forma, por enriba de calquera outra cuestión, a integridade física das persoas que transitan polo lugar.

Ante a pasividade e inoperancia do goberno municipal,considero obrigatorio e necesario facer pública esta denuncia ante a oportunidade que brinda o voso blog.