26 ene 2011

A sentencia da rúa María


Publicou o día 18 deste mes o blog do BNG-Mugardos unha nova sobre a sentencia que falla a favor do Concello de Mugardos no caso das vivendas da rúa María, 32, 34 e 36.Segundo o blog do Bloque, o sr. Barcia, alcalde de Mugardos, recibe esta notica con "serena e doble satisfaccion" e entra nunha serie de consideracións, entre as que destaca a seguinte:
Ninguén pode esquecer que a concesión de esta licencia, foi o falso argumento utilizado por Pilar Díaz, Ramón Toimil e Manuel Fariña, para denunciar ao Alcalde perante a Fiscalia de delitos urbanísticos e que logo servíu de pedra filosofal para o esperpento da “Operación Virgin.
Mágoa que no blog do BNG non publiquen a citada sentencia, que nós si publicamos, para que sexa de público coñecemento que a demanda non foi interposta polas persoas que cita alegremente o serenísimo sr. Alcalde, senón por outra veciña da localidade.
Unha atenta lectura da sentenza tamén amosará que, con ela, se non se recurre ou non se fai unha modificación puntual do PXOM , queda en entredito a protección do casco antigo de Mugardos, que só se poderá aplicar ós veciños que pretendan amañar unha ventana, pero non ós promotores, que quedan libres para derrubar casas, agrupar parcelas e facer edificios novos e "modernos" que, probablemente, serán do gusto dalgúns, que de todo hai... Pero deixando as cuestións estéticas e abordando as semánticas, recomendamos ó redactor ou redactora do blog nacionalista que non use xuntas tantas expresións altisonantes, especialmente cando descoñece o seu significado. Onde di "pedra filosofal"... quixo decir "pedra angular"??? Porque os alquimistas da Idade Media pretendían transformar o chumbo en ouro coa pedra filosofal. Nós distinguimos o chumbo do ouro perfectamente. Tamén distinguimos o institucional do partidista e por iso non reproducimos aquí, como fai o blog do Bloque, a fotografía do Concello.



6 comentarios:

Artritris dijo...

Non está ben desvincularse do caso Rúa María 32-36 agora que hai unha sentenza que, cando menos, lle quita a razón á demandante.

Como ben apunta Ramiro neste post, hai que diferenciar o axuste ou non ao PXOM vixente da súa eficacia como ferramenta de protección do casco antigo. E o certo é que EU-IU si se posicionou do lado da demandante 8http://eumugardos.blogspot.com/2010/08/operacion-virgin-puntualizacions.html). Hai que ser valentes e recoñecelo.

E dito isto, que unha denuncia resolta agora en favor do Concello desencadease anteriormente unha investigación da Fiscalía non ten por que alporizar a ninguén (neste caso ao BNG). Se Fiscalía e Garda Civil velan pola Xustiza, nada terán que temer os xustos, ¿non é? O por que das detencións e imputacións que a autoridade xudicial practicou unha vez iniciadas as investigacións é algo ao que a veciñanza mugardesa aínda non tivo acceso. ¿Terémolo algunha vez? ¿Escoitaremos algunha vez iso que levou á Garda Civil a practicar detencións?

Anónimo dijo...

BEN E CERTO QUE NON LEVASTE ESTA DENUNCIA A XUSTIZA ORDINARIA, A LEVARON UNHOS VECIÑOS, QUE SEGURAMENTE FORON ALENTADOS, PERO A LEVASTE A GARDA CIVIL E ADEMAIS A FISCALIA ESPECIAL URBANISTICA PARA CREAR O CASO VIRGIN. A QUEN QUERES ENGANAR.

EU-IU dijo...

Estimado señor Artritris (ou señorito, a xuzgar pola foto):
Non vemos en qué se desvincula EU do problema da rúa María e do casco antigo de Mugardos. Todo o contrario. O único que pretendemos é dar unha información xusta e veraz. Detrás da denuncia á que se refire o blog do BNG ( e penso que vostede debería sabelo) non está EU nin se podem misturar churras con merinas.
A denuncia que puxo EU e outros, no ano 2007, foi pola agregación de parclas e por que entendía que podía ser irregular que a obra estivese informada por Julia Cortizas, que tivera vínculos profesionais con Elia Estraviz, de quen era o proxecto. Velaquí o informe contrario do Sr. Secretario do Concello de Mugardos, a resposta da Fiscalía e o informe da Consellería competente. Ano 2007, sr. Artritris; nada que ver coa demanda interposta por unha veciña da localidade, agora con sentencia, e nada que ver coa famosa operación levada a cabo polo fiscal sr. Roma e a Garda Civil, que é posterior e vai pola súa conta. Que tiveron en conta estes ou outros feitos? Descoñecémolo. Pero ó BNG, por motivos electoralistas, interésalle misturar ovos e ovas (a frase é miña, acabo de inventala, pode chegar a formar parte do acervo cultural do país, qué lle parece?).
Para poñerllo máis doado, voulle poñer nunha nova entrada, en canto poida, cós enlaces ós documentos que cito.
Por certo, si foi Ramiro, administrador habitual deste blog, quen publicou a entrada anterior. Non é ningún misterio, posto que aparece o seu nome, que publicou ó pé da noticia inadvertidamente, por traballar coa súa conta personal. Non ten ningunha importancia, porque el está orgulloso de traballar con EU-IU e de militar en EU-IU, pero mellor é non personalizar estas cousas: nós traballamos en equipa.

EU-IU dijo...

Aclaro: o informe do sr. Secretario era contario á agregación de parcelas, como se pode comprobar no enlece correspondente, que publicaremos axiña.

Anónimo dijo...

Dicir en primeiro lugar que hai que respectar a decisión xudicial, que ademais neste caso, de ser firme, representa un alivio económico para a facenda municipal, ou sexa, para os veciños e veciñas do Concello de Mugardos, que non terá que asumir indemnizacións económicas que puidesen darse de ser outro o pronunciamento xudicial.

Dito o anterior e para poder exercer o dereito á discrepancia dende o respecto ás liberdades democráticas, considero oportuno e necesario facilitar a seguinte información:


INFORME REALIZADO POLA DIRECCION XERAL DE PATRIMONIO CULTURAL DA XUNTA DE GALICIA, A REQUERIMENTO DA FISCALIA DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA


O informe realizado a requerimento da Fiscalia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, entre outras cuestións , ao seu final, recolle o seguinte :

Que o artigo 199 do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Mugardos sinala que as tipoloxías no ámbito coincidirán coas existentes na zona.

A edificación que se construeu corresponde a un tipo edificatorio,de edificio de vivenda colectiva e emprego do interior da parcela como aparcamento,que non se corresponde co característico no ámbito de aplicación da ordenanza,que corresponde a vivenda unifamiliar acorada co emprego de parcela para usos diversos (produtivos,recreativos) que non requiren obras de urbanización.

Neste senso,neste senso pódese sinalar que este novo tipo edificatorio,polas súas características volumétricas (altura e ocupación en planta) e compositivas (uniformidade e repetición) así como polo uso proposto para o interior da parcela, non se insire axeitadamente no tecido orixinal do núcleo, e supón polo tanto una alteración dos seus valores culturais máis salientables : a súa morfoloxía definida polo viario e o parcelario (que se ve alterado) e o tipo característico das súas edificacións.

EU-IU dijo...

Para o primeiro anónimo:

1.a súa "saída de tono" explícase pola falla de argumentos.
2.Os argumentos do sr. Artritris están respondidos, esperamos que á súa enteira satisfacción; que coa xente que argumenta e emprega o raciocinio, sempre se pode e debe discutir.
3.En Internet, escribir en maiúsculas considérase gritar; por tanto, é a derradeira vez que publicamos "comentarios" deste tipo: afortunadamente, este blog non é o Pleno do Concello de Mugardos e non o administra quen preside o Pleno: non se admiten gritos, insultos nin impertinencias.