
As designacións feitas polos grupos municipais e a mala utilización do acordo fan que o coste dos/as concelleiros/as sexa maior que na corporación anterior, a pesares das promesas de aforro. EU solicitara a revisión do acordo no pleno ordinario de xullo. Neste documento adxunto tes toda a información precisa.
6 comentarios:
¿Porque esquerda unida votou a favor desta proposta? So houbo unha modificacion de ultima hora no texto aprobado nese pleno, que son as adicacions exclusivas de Africa(PSOE) e Pilar(IU). ¿Porque aprobaron este texto por unanimidade no pleno e agora buscan dar marcha atras, non sera un xesto de cara a galeria para quedar ben e mantelos soldos que se puxeron? Gustariame que respostaran a isto. un saudo
Creo que no total da suma da anterior lexislatura faltan os 30000, do alcade polo que o total ascenderia a 160000€.
De ser así as cousas tal e como ata agora coñécese a través dalgún medio de comunicación e polas informacións aparecidas na rede , non é de estrañar que Esquerda Unida denuncie e rexeite o tema das novas asignacións económicas da Corporación Municipal de Mugardos que, entre outras cuestións contempla nin máis nin menos que 5 dedicacións exclusivas ( soldo máis cargas sociais ) , 3 totais e 2 parciais.
Todo parece indicar que en lugar de regular entenderon “regalar” .
Ola,
As modificacións sofridas na proposta da Alcaldía presentada ó pleno, tras o acordo por unanimidade na Xunta de Portavoces,foron catro si utilizamos o teu mesmo método de cálculo:
Se incorporou a posibilidade, a iniciativa de EU (está proposta xa a fixera en varias reunións anteriores) de que co mesmo valor económico, é dicir 1.000€/mes en 12 pagas anuais os grupos municipais poideran decidir si se acollían a unha adicación parcial ou exclusiva. Está proposta non foi reflexada na proposta da Alcaldía por entender a Alcaldía que non era viable legalmente,Unha vez aclarada a súa legalidade se incorporou, polo tanto non foi unha negociación de última hora de EU/PSOE co BNG co deixas entrever.Unha vez incorporada a modificación, aceptada por unanimidade de tódolos portavoces nas reunións previas ó pleno. BNG,EU e PSOE decidiron acollerse á adicación exclusiva. No caso do BNG contará cunha adicación parcial, Roca de 1.000€ ó mes, unha adicación exclusiva Mónica de 1.000€ ó mes; o PP contará cunha adicación parcial J. Domingo de 1.000€ ó mes; EU contará cunha adicación exclusiva Pilar de 1.000€ ó mes; e o PSOE contará cunha adicación exclusiva Africa de 1.000€ ó mes. En canto á seguridade social o coste é menor nas adicación exclusivas que nas adicacións parciais segundo os datos técnicos. Sería importante resaltar que a adicación exclusiva non é compatible con outro emprego que requira xornada laboral fixa, xubilación, pensión,etc.Si algunha persoa que ten adicación exclusiva quisera compatibilizar este salario con outro tipo de remuneración económica debería pedir compatibilidade ó pleno. As adicacións parciais (3,5h/días) son compatibles con outro traballo remunerado de xornada parcial, xubilación, pensión,etc.
EU plantexou dende o principio estas dúas posibilidades partindo da base de que era necesaria unha reducción no valor das adicacións parciais.Xa que o SMI ten un valor de 641€/mes.Polo tanto nos parecía e parece excesivo 1.000€ por unha adicación parcial.Ó igual que plantexou que o valor non podería ser o mesmo para unha adicación do goberno que para unha da oposición pero non houbo acordo.
As adicacións parciais teñen a súa orixe no ano 2008 tras un acordo BNG/PP na que fixaron tres adicacións parciais de 1.000€/mes en 12 pagas. Unha para o BNG, unha para o PP e unha para o PSOE. O PSOE na corporación anterior decidiu non acollerse a ela, sendo o resultado unha para o BNG (Roca) e outra para o PP (J.Domingo).
A cuarta modificación previa ó pleno, foi a proposta da Alcaldía para cambiar a indemnización de 35€/día ata un máximo de 30 ó ano por cobro por asistencia a órganos colexiados o día que os houbera máis 35€/día os días que non houbera reunión dos órganos colexiados.Chegándose ó acordo por unanimidade de que a/o substituto da Alcaldía cobrase por asistencia a órganos nada máis, suprimino a asignación por día.As substitucións da Alcaldía se teñen que realizar pola orde das tenencias de Alcaldía, é dicir Mónica, Bouza e Roca.
Espero que a información poidera ser de axuda para que teñas mías elementos de valoración sobre o resultado das asignacións.
Unha vez revisado as cantidades dos soldos, consultei cun membro do partido popular ensinoume, a proposta que eles levaron dende o principio que era limitar os soldos a 500€ o mes, mais unha dedicacion parcial para cada partido. Pero que os demais partidos non vian viable e por iso se retirou, pero que eles a cumpren, xa que segun me ensinaron nun papel con cuño do Concello, os seus concelleiros van as mesmas comisions (6 o mes) mais o pleno, e se quedan en 480€(o que lle teñen que descontar o IRPF, xa que os 3 trabalan, e polo tanto cobrarian menos ainda que o custe para o Concello sexa o mesmo).
Xa que eu lles achaquei a subida de soldos, polo que as suas cantidades referentes a elles estarian mal. ¿E isto correcto? ¿Estan mal eses datos que poñedes respecto o PP? ¿E respecto os outros partidos?
Ola, o P.P. ten dous concelleiros que cobran por asistencia en cada unha das comisións informativas.Dos dous concelleiros que asisten a cada comisión, só un ten dereito a voto.O BNG ten dous representantes en cada comisión, xa que o Alcalde se xubilou e non percibiría retribucción algunha si non asistirá ós órganos colexiados do concello.EU, con tres concelleiros un representante en cada unha e o PSOE con dous representantes un en cada unha.Na corporación anterior PP e PSOE tres concelleiros cada un. Das seis C.I.da corporación anterior, o PP tiña 2 concelleiros en tres e o PSOE tiña 2 concelleiros en 3 C.I.Tódolos/as concelleiros e concelleiras que perciben indemnización por asistencia ós órganos colexiados teñen retencións traballen ou non.Indemnización que teñen que declarar cando realizan a declaración da renda.Primeira diferencia importante entre o PP e o resto de grupos municipais.O PP acude con dous concelleiros a cada comisión aínda que so vota un, sen embargo os dous perciben por asistencia.Os dous concelleiros de EU van a dúas comisións cada un, percibindo cada un si asisten 360€ incluido, claro está o Pleno.O das retencións supoño que quedou claro, todos teñen retencións.O certo é que o PP rexistrou un escrito o 7 de xullo que sirviu para elaborar os datos que ti cuestiones.EU publica a información o día 11, solicitando unha xunta de portavoces. O día 13 de xullo o P.P. rexistra un novo escrito que di textualmente:
"Por la presente se pone en su conocimiento un cambio en los representantes del Grupo Popular en las comisiones informativas:
Se sustituye a José Antonio López Sueiro por Juan Domingo De Deus Fonticoba intercambiando puesto de titular y suplente.
asimismo sucede lo mismo con las mesas de contratación donde se sustituye a Gustavo Garro por Juan Domingo de Deus".Espero que con está aclaración quede claro a veracidade da información dada por EU o 11 de xullo. Sin entrar a valorar o por qué non che ensinaron os dous papeis rexistrados (7 e 13 de xullo),a composición dos órganos colexiados e o dereito a voto (o PP dous en cada comisión informativa, aínda que so pode votar un) e de dónde saían os 500€ por concelleiro que propoñía o PP ( prezo do pleno 150€ agora 120€,75€ asistencia a C.I. agora 60€, 75€ mesa de contratación agora 42€ e tódolos órganos sin percibir sesións extraordinarias).
Por último, toda a información que publicamos pode ser contrastada polas persoas interesadas. Así que para saír de dúbidas te invitamos a que te poñas en contacto con nós para poder ensinarte o conxunto da documentación, non unha parte da documentación.
Publicar un comentario