
O GM de EU solicitou na comisión celebrada o día 18 de xullo a reordenación do tráfico na rúa María. Tras a modificación que sofreu a plataforma viaria coa desaparición das beirarrúas e o conseguinte ensanchamento da vía para o tráfico rodado e aparcamento, os peóns sofren máis dificultades para poder camiñar sin perigo pola rúa. A realidade é que a día de hoxe se aparca a un e outro lado da rúa, tendo que compartir os peóns e vehículos a estreitez da parte central da rúa que queda libre o que provoca esta inseguridade.Dende EU entendemos que esta necesaria a reordenación do tráfico ten que contemplar como mínimo:
1.- Sinalización de zonas libres para aparcamento.
2.- Actualización do censo de vados e entradas a garaxes.
3.-Límitación da velocidade a 30km/hora.
Co obxectivo final de que a rúa poida ser nun periodo non moi alonxado no tempo unha rúa peonil con acceso rodado para residentes e vehículos autorizados.
2 comentarios:
Creo que pode encaixar dentro deste apartado o feito , quizá mellor dicir a necesidade, de regular tamén a ocupación dos espazos públicos e as excesivas restricións en tempo e forma ás que se somete o tráfico rodado con motivo das procesións relixiosas , co consecuente prexuízo para a veciñanza e as persoas que nos visitan , e por iso tamén, principalmente, á actividade económica dependente da hostalería e o turismo que se ve seriamente afectada por devandita ausencia de previsión e organización , sen esquecerse tampouco do custo económico que supón para o propio Concello e que dalgún xeito haberá que racionalizar posto que ademáis non son gastos de obrigado cumprimento .
¿que mais dará que poñan limite de 30 km/h se non hai ningún policia que vixie o seu cumprimento? ¿de verdade credes que sirve para algo? Pero non vedes que aparcan os coches tapando un carril e non hai un só garda poñendo orden? A ver se somos mais practicos e menos quisquillosos...
Publicar un comentario