
O martes 2 de Agosto celebrouse un Pleno Extraordinario con dous puntos na Orde do día. O primeiro punto aparecía recollido así na convocatoria:
"1.Modificación puntual nº 11 do Plan Xeral de Ordenación Municipal por actuación rehabilitadora Castelo da Palma: aprobación provisional".
Como revela (e resalta ¡en vermello!) o blog do PP de Mugardos, Esquerda Unida abstívose neste punto, abstención que, como explicou a nosa portavoz, pretende non poñer atrancos ó proceso administrativo en marcha, pero tampouco significa que vaiamos estar de acordo con calquera proxecto que nos presenten.
Desgraciadamente, o PP esquece que había un segundo punto (ou tal vez parécelle un punto secundario):
"2.Modificación puntual para a adecuación de usos de regasificación no solo industrial de Punta Promontoiro: aprobación inicial".
Neste segundo punto, EU votou en contra; o resto de partidos a favor.
5 comentarios:
Non me extraña que non gobernedes xuntos, tampouco creo que O PP teña que esconderse agora de que apoiou a Planta,xa o sabe todo o mundo, pero chama a atención de que IU diga para xustificar a sua abstencion que non estaran dacordo con calquera proxecto do castelo (home claro) pero eso ven despois, e despois e cando tes que votar en contra ou a favor do proxecto, unha vez presentado, non agora abstervos como medida preventiva??? Ridiculo, volvedes ás andadas e para destacar tedes que votar diferente ós demais. ¿Se IU ten un proxecto mellor para crear riqueza no castelo que o diga,pero antes era NON polo NON, e agora abstencion por non dar o brazo a torcer.
Chama a atención que a portavoz de IU se vaia de vacacions so un mes despois de agarrar a adicacion exclusiva. Calquer traballador ten que acumular 1 ano de traballo para ter 1 mes de vacacions, pero Pilar xa o adianta. Así da gustiño ser capitalista de esquerdas...
Con respecto ó Pleno de 2 de Agosto:
a) Se todo o mundo sabe que o PP votou a favor de Reganosa, é de supoñer que, pola mesma regra de tres, todo o mundo coñece o seu voto respecto ó castelo. Parece dunha lóxica tan básica que da vergoña ter que aclaralo, pero, ben.
c) A abstención de EU-IU respecto do Castelo da Palma non é "preventiva". É porque se trata de facer unha excepción á lei de Costas, que é do ano 98, ou sexa, anterior á compra do Castelo. Xa dixemos que non impediríamos o proceso administrativo nin nos opoñeríamos a el, pero é evidente que, cando se subastou a Palma, a actual Lei de Costas estaba xa en vigor e foi adquirida nunhas determinadas condicións que agora poden cambiar. Hai quen pensa, sobre todo os interesados, que a política está para cortar traxes a medida dos intereses privados. Non é o noso caso.
Facer unha relacion directa entre apoiar o Castelo e Reganosa parece un pouco osado. E a Ley de Costas é do ano 1988 non 98. Ainda así e por ese razonamento é mellor deixar caer o Castelo... Os primeiros intereses que hai que defender son os de Mugardos, e crear riqueza e empregos no Castelo non sobran. Eso do Capitalismo e ir contra o privado é un argumento moi simplon pois unha porcentaxe bastante amplia do traballo que xenera este pais é gracias ó capital privado.
Ninguén estableceu ningunha relación entre un punto e outro. Dixemos que o pleno tiña DOUS puntos, non UN. Podemos volver explicar o do castelo: eu compro unha propiedade nunha subasta e oferto unha determinada cantidade contando cós beneficios que me pode reportar a inversión. Se dou por feito que a Administración, a posteriori, vai cambiar esas condicións ou eu teño o capital suficiente como para deixalo sen rendir ata que ese momento chegue, podo ofrecer e arriscar máis que outro. ¿Iniciativa ou abuso?
Publicar un comentario