
No Pleno do venres 28 de Outubro EU presentou outra moción para instar ao goberno a que non acepte nin valore facturas das entidades onde se contemplen celebracións propias das entidades nin eventos gastronómicos tales como "churrascadas", "queimadas", "laconadas", etc.
2 comentarios:
Lida a información facilitada por Esquerda Unida a través de Facebook relativa a toda unha serie de facturas de gastos asumidos polo noso Concello co beneplácito dos nosos gobernantes,teño que dicir que a miña capacidade de asombro quedou practicamente intacta posto que desde fai algún está sometida neste tipo de cuestións a un exercicio permanente , aínda que poida parecer lamentable .
Polo variada da relación e principalmente polo elevado custo dalgúns dos devanditos gastos, que non é necesario cualificar , puidese dar lugar a pensar que se puidése pagar con iso, ademais do servizo prestado, outro tipo de servizos .
De momento Esquerda Unida como grupo da oposición , ademais de informarnos publicamente , parece ser que tomou cartas no asunto.
Dicir finalmente que deixa de sorprenderme tamén o silencio , por ser case habitual ,dos outros grupos políticos da oposición , PP e PSOE .
Da lectura da recente relación de facturas aprobadas polo Concello de Mugardos , dadas a coñecer polo grupo municipal de Esquerda Unida , pódense sacar moitas conclusións empezando pola falta de concreción que fai que non se poida establecer con precisión si os distintos importes abonados son acordes con prezos razoables ou pola contra son altamente abusivos .
En segundo lugar , ademais da falta de concreción , pódese observar tamén nalgunha de ditas facturas unha inexplicable mestura de conceptos que como no caso anterior impide que se poida realizar unha valoración obxectiva dos custos .
Isto desde logo non é a forma adecuada de exercer con rigor , transparencia e control a administración dos recursos económicos do Concello de Mugardos provenientes dos nosos impostos , e menos aínda porque non se corresponde tampouco coa prestación de servizos básicos de obrigado cumprimento que a crise económica fai máis que necesarios .
Gastos II Mostra de Corais Vila de Mugardos nun establecemento de hostalería: 2.734 euros
retirada de animais mortos, roza e varrer frores primeiras comunións: 2.623,14 euros
montaxe de mesas e cadeiras, rota de bicicletas: 847,24 euros
Iluminación alfombra festividade Corpus Christi: 899,16 euros
O da iluminación resulta cando menos cegadora .
Publicar un comentario