1 oct 2011
PP E BNG APROBAN AS NOVAS TAXAS DA SAF NO PLENO
No Pleno de onte (30 de Setembro), o PP votou a favor das novas taxas para o Servizo de Axuda no Fogar presentado polo BNG. EU plantexou unha alternativa: aceptamos respectar o mínimo do 10% de custe do servizo que deben pagar os usuarios con menos ingresos, como indica a Orde da Xunta ( ano 2009). Pero aplicamos sempre os mínimos que marca a Orde nos tramos máis baixos. A proposta do BNG fai subidas por enriba do que é obrigatorio.
Peor todavía: pasamos dun prezo hora de 10,64 € a 12 €. Sumando as dúas subidas, algúns usuarios verán incrementado o que pagan polo servizo en máis dun 100%. EU propoñía fixar o prezo hora en 8 €. O propio alcalde tivo que recoñecer no Pleno que o prezo de 12 € non é obrigatorio.
Para rematar, coa proposta de EU o Concello non ingresaría menos que antes, senón uns 1000 € máis. Coa proposta do BNG, ingresará uns 7000 € máis. Sen embargo, atrévense a afirmar que non teñen afán recaudatorio. Entón, ¿cómo se explica a subida de 10, 64 a 12 € e se obriga aos usuarios a aportar máis do que serían os mínimos legais?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario