AA.VV. San Xoán, AA.VV. Franza, AA.VV. Barrio das Casas Baratas, AA.VV. Cruceiro de Mehá e Asociación de Maiores “Piñabeta” presentaron reclamacións á taxa do Servizo de Axuda a Domicilio (Dependencia e Básica) para minorar o golpe que vai supor para as persoas con menos recursos a suba aprobada por BNG e PP no pleno ordinario de Setembro.
As reclamacións foron votadas afirmativamente por EU, salvo a da A.VV. Cruceiro de Meá, que contou coa nosa abstención.
O PSOE, que votou en contra no pleno onde BNG e PP aprobaron as novas taxas, por ser unha suba moi importante para as familias con menos recursos, hoxe votou en contra das reclamacións das entidades sen presentar ningunha proposta para o debate. Debe de pensar que é mellor para as familias con menos recursos pasar de pagar 26,6 €/mes por 50 h. de servicio a 60 €, como aprobaron BNG e PP e non 40 € como propoñen a maioria das reclamacións. Deben de entender que votando NON ás reclamacións das entidades castigan a EU, xa que todas coincidían coa presentada por EU, salvo a da A.VV. Cruceiro de Meá, que establecía un prezo hora de 7 €.
En realidade a quen estar a castigar e ás familias con menos recursos e fan oídos xordos ante as reclamacións das entidades.
9 comentarios:
Que EU non quera confundir nin contar medias verdades, porque o certo é que EU a parte de contar o que lle interesa pasou a todas as entidades unha folla tipo coas alegacions feitas, e para darlle mais credibilidade o que fixo foi que variaran o precio de 8 € que propuña EU variandoas uns centimos (a penas varian 1 €) para que non se vira que era demasiada coincidencia. O certo é que calquera asociacion firma calqueira alegacion si se lle di que pode abaratarse o servicio, o que non se di é como pensa soster no tempo a diferencia de prezos EU, xa que esa diferencia ten que sostela o concello, e o concello non ten mais cartos dos que ten, pero o populismo de EU iso lle da igual.O caso é poñerse como defensor dos pobres (cousa que non é así) e os demais dos ricos, ainda que para iso non se diga a realidade.
Ben, imos por partes:
1.xa na Comisión, alguén dixo con intenciñón que había moita semellanza entre a alegación de EU e as das entidades: claro-dixemos-, como que lles pasamos a nosa para que servise de modelo, así como toda a documentación necesaria, despóis de entrevistarnos con cada unha das entidades.
2.Decir que as "entidades" firman calquera cousa que se lles presente é unha falta de respecto. EU falou coas directivas das entidades, explicoulles polo miúdo a situación e respostou ás súas dúbidas.Non, non cremos que firmen calquera cousa.
3.O "populismo" de EU baséase en cálculos. O propio alcalde tivo que recoñecer, no Pleno, que os famosos 12 €/hora son un prezo de referencia, non obligatorio. Cos 8 €/hora que propoñemos, froito de cálculos (que outros prefieron non facer, porque "os números son aleatorios"(!!!), o Concello recadaría mil € máis dos que recada actualmente dos usuarios.
4.É certo que, cos 12€/hora que eprobaron PP e BNG recadaría 7.000 máis que agora, pero non parece que eses 7.000 € vaian resolver os problemas deste servicio. ¡7000 € tenos gastado este goberno en catro subvencións a festas gastronómicas, nos pulpiños de cores das faroles ou nas lámparas-araña-condeDrácula que colgan da carpa do polbo en pleno Xullo! Así pois, non ten ningunha xustificación unha suba que se ceba nas rentas máis baixas, encarecéndolles este servizo (servizo básico, ollo, dereito á saúde e a unha vida digna, oiga) por riba do cen por cento.
A "postura" do PSOE merece comentario aparte. A súa proposta, no Pleno, era manter os tramos actuais (a sabendas de que, por abaixo, non se axustaban á Orde de 2009 da Xunta). Falamos de facer unha alegación conxunta, pero, misteriosamente, propoñen alegar ós 12 € de PP-BNG cunha proposta de 10 €. Ou sexa, primeiro queren que non se suba nada, despóis fan unha proposta que encarece o servizo máis que a nosa e, finalmente, votan en contra da mesma proposta presentada polas Entidades. Un modelo de coherencia.
Un queda máis que sorprendido , ata descolocado , cando pode comprobar a estas alturas que aínda hai xente participando en política , como o anónimo do primeiro comentario , que intenta descualificar o feito de que o grupo municipal de Esquerda Unida conecte coa sociedade civil e as súas organizacións facilitándolle información sobre temas de interese xeral e , como neste caso , de carácter social .
Ademais do anterior , ditas declaracións deixan un tufillo despótico e irrespetuoso coa intelixencia cidadá cando di aquilo de “ calquera asociación asina calquera alegación … “
Deixarei para outro momento o dar a miña opinión por onde deben empezar os necesarios axustes económicos do Concello de Mugardos, que non é precisamente polo gasto social .
Imos ver:
primeiro o que aquí se trata é de poder ofrecer o servizo SAF as persoas que o soliciten, para o cal é necesario que o concello teña os recursos económicos suficientes para poder cumprir con este servizo,. sen embargo, débense unhas 600 horas de servizo a estas persoas e os recursos económicos aportados este ano pola xunta son mínimos e non alcanzan para gran cousa, pero.... hai que seguir cumprindo co servizo porque hai xente que o necesita,e cada vez maís, entón, a min se me ven unha pregunta á cabeza: si o concello ata agora non tiña actualizada-las tasas conforme o indica a lei, na que se expón que cada ano deben actualizarse as tasas según o IPC, ´se o IPC cada ano sube, sube o custe do servizo. o que eu, amiña forma de ver no entendo, ¿cómo se pode resolver un problema económico coma este rebaixando o prezo das tasas?, o lóxico sería poñelas ó día para garantir o servizo de asistencia, pois, os máis desfavorecidos sempre van a quedar exentos de pago por este servizo, pero non pode ser gratuito para todos, xa que non hai recursos para iso, polo tanto,o que o pode pagar tamén pode pagar unha pequena subida, e o que non pode pagar xa lle sae gratuito e non ten que preocuparse pola subida. Pero o que está claro é que coa vosa proposta de baixalo prezo a 8 euros, e imposible garantilo servizo de asistencia, e o que é peor, co tempo serán mais persoas os que o soliciten e que lles será denegado por falta de cartos, así que non sei porqué vedes tan mal actualizalas tasas, ainda que o que se recauden 7000 euros, e según vos non chegue para nada, menos se fai con cero euros de recaudación ou creando un déficit por abaratalo servizo, non credes?
eso por non falar de que chegado o momento non se lle podería pagar ó personal de asistencia e ter que despedilos. Coas graves consecuencias que eso traería. a idea de que este servizo fora gratuito é iso, so unha idea, pero a realidade é outra cousa, a realidade é que o SAF consite nun gasto non nuha inversión, o servizo de axuda e asistencia domiciliaria no é negocio no que invirtes e sacas beneficios, é algo que é necasario para as persoas que non se poden valer por si mesmas e polo tanto a administración ten que aportar cartos para cubrir estas necesidades pero o lle da beneficios, e en tempos de crise económica como o de agora, non nos podemos permitir o luxo de rabaixar as tasas ou de mantelas como si todo custara o mesmo que hai dous anos, agora é todo mais caro que hai dous anos polo que hai que actualizarse ou se non, non se pode prestar este servizo.
Ben, felicítoo polo tono razoable do seu comentario. Se as Comisións e os Plenos discurrisen así e non con saídas pola tanxente, as cousas irían mellor e os debates serían máis productivos.
Sen embargo, non podemos estar de acordo co seu razoamento.
En primeiro lugar, non cremos que o Concello de Mugardos aporte prácticamente un euro ó SAF. Deixando de lado os 16.000 € de remanente que non puido xustificar este ano (ogallá sexa de verdade un error e poida repararse), tódolos gastos que xustifica son sufragados polo Estado, Xunta e Deputación. Nesas circunstancias, non é raro que a aportación destes baixara en Mugardos máis que en outros Concellos. O único que aportou o Concelo a maiores son os 50.000 € presupostados en 2011 para contratar a unha empresa privada, dos que se gastaron xa uns 10.000 non meses de Abril, Maio e Xuño. Cándo se vai gastar o resto? Vanse gastar 40.000 só no mes de Decembro?
Efectivamente, eses 7.000 € que se pretenden recaudar a maiores van repercutir principalmente nas rendas máis baixas, onde está a inmensa maioría dos usuarios.¿Eses usuarios teñen a culpa de que o goberno municipal non subise dende 0 2007 nin o IPC en ningunha taxa ou imposto? ¿De que a xente que ven pasar aquí os meses de verán pague estrictamente a auga deses meses, sen axudar a manter o servizo? ¿Teñen a culpa de que o Concello investise 9000 € en pagar o autobús que levala ós maiores (válidos) á piscina de Pontedeume? ¿De que se estivesen aceptando facturas de 2400 € por "laconadas populares" e similares? E todo isto pasa nun Concello que dispón desde hai uns anos dun millón trescentos mil euros máis que antes (IBI e IAE de Reganosa). Non, non podemos aceptar esa clase de solucións.
Por certo, vostede sabe perfectamente que coa proposta de EU de poñer o prezo en 8 €/hora:
1.O Concello recadaría uns 1,000 € máis que agora.
2.Subirían notablemente as aportacións dos usuarios, pero non ata o 100%. Coa nosa proposta, un usuario que paga agora 26 € mes por 50 horas pasaría a pagar 40 €. Coa taxa aprobada por BNG e PP pasará a pagar 60 €. ¡Vaia, que demagogos estes de EU que "rebaixan" as taxas!...
respondo novamente á resposta obtida por vostedes ó meu comentario, eu xa sei que non estades dacordo coa miña opinión pero... novamente digo, que o recaudado polo cobro do servizo do SAF no repercute nos menos favorecidos de forma negativa, porque quedarían exentos de pago, e o que se recuade é para seguir reforzando a prestación do servizo de atención domiciliaria, non para deterioralo. Xa sabemos que o concello recibe cartos para este servizo das administracións pertinentes, pero como vos sabedes non chega, así como dis, o concello puxo a maiores 50000 euros dos que xa leva gastado 10000.
ben, en canto o de non subir as tasas hai dous anos, claro que os usuarios non teñen culpa disto, pero se isto foi un erro, ¿porqué seguir nas mesmas?
en canto os 9000 euros gastados no bus para maiores para levalos á piscina de Puentedeume, digo eu, sería porque a piscina de Franza todavía non funcionaba, e en canto ós gastos por 'laconadas populares' é un acto de campaña electoral, que todolos partidos fan algún acto deste tipo co obxetivo que todos coñecemos, pero non é xusto facer crítica de algo que fan tódolos partidos, xa que hay unha partida de presuposto para este tipo de actos, unha partida de presuposto que é independente de outras partidas de presuposto como poden ser as destinadas ó SAF.E con isto non estou dicindo que señades demagogos, pero si digo, que hai moitas necesidades que cubrir, cada unha dunha naturaleza distinta e por tanto, hai que tratala de maneira separada respecto das outras, con isto quero dicir que si se fala do SAF, fálase diso, pero non vexo productivo escudarse no feito de que non temos un mellor servizo do SAF porque se emprega diñeiro para outras cousas, xa que a partida de subvencións destinada ó SAF se destinan única e exclusivamente para executar este servizo e non se ven afectados directamente polo emprego de cartos noutros servizos, agora si, o servizo do SAF SI SE VE AFECTADO DIRECTAMENTE POR UNHA MALA XESTIÓN DE GOBERNO.
dádevos de conta que tanto goberno como oposición deben colaborar conxuntamente para resolvelos problemas do pobo, e de entre varias opcións posibles, escoller a máis beneficiosa para os vecillos, non para colgarse medaias.
Decir, como di vostede, que
"a partida de subvencións destinada ó SAF se destinan única e exclusivamente para executar este servizo e non se ven afectados directamente polo emprego de cartos noutros servizos"
é para nós inaceptable. Tódalas partidas conforman os presupostos do Concello (e nós, por certo, votamos en contra). Decidir cánto se destina a cada cousa ou incluso se paga a pena destinar cartos a outras cousas, é unha decisión moi seria.Se eu destino x euros a subvencionar un campeonato de dominó, por exemplo, é evidente que o presuposto de SAF non vai contar con eses euros. Con respecto á responsabilidade política, repítolle que nós non aprobamos os presupostos e que, guste ou non a nosa postura, sempre aportamos algunha iniciativa ou alternativa.
Publicar un comentario