
Entre as propostas feitas polo goberno municipal do BNG, está tamén a suba do imposto a vehículos de tracción mecánica, que experimentaría unha suba de, aproximadamente, o 6,5 %: de 16,43€ a 17,58€ en vehículos de menos de oito cabalos fiscais e 94,48€ a 101,09€ en vehículos de 12 hasta 15,99 c.f. Velaquí dous exemplos.
1 comentario:
Tal e como nos informa Esquerda Unida , estamos ante unha proposta do goberno municipal do BNG que supoño será debatida como corresponde democraticamente en busca do consenso e do acordo previo e necesario para poder ser aprobada.
Pode ocorrer tamén que o BNG a pesar de estar en minoría absoluta intente unha vez máis, contando de antemán coas habituais complicidades, aprobar a súa proposta sín introducir variante ou corrección algunha.
Repasando os antecedentes , que son moitos , é posible que isto volva ocorrer e de ser así non será soamente atribuíble á acción política sectaria do goberno municipal se non tamén , en maior medida , á irresponsabilidade dos grupos que por acción ou omisión fágano posible.
Publicar un comentario