
EU solicitou o 5 de Outubro que se debatise e se aprobase a Convocatoria de Axudas de Xoguetes de Nadal, co obxectivo de que as familias que están en dificultades económicas e que sobrepasan o límite económico de emerxencia social puidesen mercar xoguetes, roupa ou calzado as/os seus/suas fillos/as. O BNG non considerou adecuado traelo a debate e aprobación ata a Comisión do 5 de Decembro. Aprobouse a súa proposta co votos a favor do PP. A convocatoria aínda non se fixo publica a día de hoxe, 19 de decembro. O baremo económico para a concesión das axudas é o de Emerxencia Social ,fronte á proposta presentada por EU de utilizar o baremo económico que se utilizou para a concesión das axudas para a Cooperativa Escolar. ¿Qué sentido ten facer unha convocatoria específica co mesmo baremo que da acceso ás axudas de emerxencia social (alimentación, luz, farmacia, etc)? ¿Qué sentido ten obligar ás persoas que están dentro das axudas de emerxencia social a traer de novo a documentación para poder ter unha axuda de xoguetes? Por qué se fai convocatoria se só van entrar as persoas en situación de emerxencia social? Con todos estes condicionantes, a nosa pregunta é: Por qué o BNG as convoca? E por qué o resto de grupos asinten a esta convocatoria?
2 comentarios:
Aínda que como adoita dicirse agora politicamente non sexa correcto dicilo , si que en cambio pódase pensar que haxa quen entenda a política como "un choio“ , de aí que ata poida que sexa razoable chegar á conclusión de que por iso se lles amontoa o traballo ata o extremo de non dalo feito .
Totalmente en desacordo coa primeira parte. Falar mal da política e dos políticos é politiquísimamente correcto, valga la paradoja.
Publicar un comentario