15 dic 2011

HAI COBRO INDEBIDO NA PISCINA MUNICIPAL?









EU ven reclamando ó goberno municipal dende hai varios meses que se supervise a interpretación que está a facer a empresa concesionaria do servicio en canto ó ABONO FAMILIAR, dado que hai familias con fillos a cargo maiores de 18 anos que están a pagar o abono familiar (32€) máis o abono individual de 18 a 24 anos (16€) ou o abono individual de + 24 (25€), cando segundo a ordenanza só deberían pagar 32€.

A empresa non está a incluir ós/ás fillos/as maiores de 18 anos, aínda que estén a cargo, no ABONO FAMILIAR. Sen embargo, a ordenanza fiscal reguladora da taxa di:

Artigo 4. Cota Tributaria

COTAS PERSOAS ABONADAS

Individual +24 …………………………………………….25,00€

Individual de 18 a 24 anos…………………………..16,00€

Individual Infantil ………………………………………..12,00€

Familiar (con fillos/as a cargo)………………….32,00€

A inclusión dos/as fillos/as a cargo dentro do abono familiar foi froito dunha reclamación de EU á ordenanza fiscal, xa que a aprobada inicialmente no ano 2010 fixaba o límite dos/as 18 anos para poder ser incluído no abono familiar. Tras a reclamación, o Pleno acordou por unanimidade aceptar a proposta de EU.



No hay comentarios: