19 ene 2012

ALEGACIÓNS (COMEDOR ESCOLAR E EMERXENCIA SOCIAL)












Esquerda Unida presentou hoxe dúas alegacións, unha á ordenanza fiscal do Comedor Escolar do "Unión Mugardesa" e á ordenanza de Emerxencia Social, ambas aprobadas en Pleno polo BNG, PP e PSOE. Agora, tras a reclamación de EU volverán a Pleno, como sucedeu coa taxa de Axuda no Fogar. Temos falado varias veces destes dous temas no blog. Así pois, simplemente poñemos os enlaces aos documentos que vos poden permitir coñecelos máis a fondo.




3 comentarios:

Anónimo dijo...

Taxa ou prezo público?
Teño unha dúbida. Posto que a ordenanza contempla a renda como indicador, pregúntome se os pais ou nais solicitsantes do servizo de comedor escolar para os seus fillos teñen que presentar copia simple ou compulsada da súa declaración de IRPF.
Outra dúbida:
¿Pode darse a circunstancia de que os responsables de tramitar e resolver as solicitudes concedidas e denegadas para ser usuario ou non do servizo de comedor escolar pode pasar un rato divertido contrastando os datos sobre rendas do traballo e do capital, así como es rendementos de actividades económicas e gañanzas e perdas patrimoniais de calquer solicitante coñecido e quedarse un pouco perplexos contrastando as cifras económicas que figuran na copia do IRPF do solicitante?
Gracias anticipadas pola aclaración.
David.

EU-IU dijo...

Ben, a verdade é que o normal era chamar "taxa" a aqueles tributos de obrigado cumprimento. No caso dun comedor escolar, que é o que nos ocupa, trátase dun servizo non obrigatorio: só o disfrutan aqueles usuarios que así o desexen (e poidan pagalo, dependendo de cómo se fixe o prezo, claro). Neste caso acostúmase a falar de "prezo público", aínda que non somos iuris periti e non seguimos a actualidade xurídica, espazo no que confiamos a nosa boa vontade persoal e política ao bon facer e saber dos profesionais competentes. Con respecto á segunda cuestión que vostede plantexa, direille que debe ser tratada con certa delicadeza. Nós, polo menos, temos a convicción de que, se un funcionario municipal, no exercicio das súas funcións, tropeza con algunha causa para sorrir, dende longo non a comenta. E así debe ser. Outra cousa é que nas vilas pequenas todos coñezamos a todas e viceversa ( e conste que non digo "coñecer" en sentido bíblico). Sen máis, agradecémoslle a súa aportación e invitámolo a repetir: ogallá todo o mundo - incluídos os/as cargos/-as públicos/-as - tivesen claras as diferencias entre tributos.

Anónimo dijo...

Á/A de EU. Moitas fracias pola aclaración.
Á vista de realidade dos cargos públicos,e mire para a apisonadora do PP gobernando nas CCAA, nos concellos e no Goberno Central, non tarán claras as diferenzas e utilidades dos miles e incontables de tributos que se deberían pagar segundo a capacidade económica de cada persoa (tal cousa sería como estar no Paraíso), pero que quere que lle diga, pasaron uns meses e pagamos máis tributos e máis altos, e somos cada día máis e máis pobres en proporción directa ao aumento dos tributos que nos impoñen as/os cargas/os públicas/os. ¿Canto ingresarán as/os cargos/carcas cos impostos sobre hidrocarburos e sobre a enerxía? A tarifa da luz vai baratiña e prezo do litro de diésel a 1,38 €...?
E o certo é que aínda nos piden e pedirán "máis sacrificios"...En fin, vivamos como galegos!!! Ou prefiren os cargos/carcas públicos/cas que nos inmolemos?
Ben, que o prezo público para os usuarios do comedor escolar se estableza con adecuación da capacidade económica das familias. Confío no criterio de EU.