
O servizo de podoloxía ten carácter complementario do Servizo de Axuda no Fogar segundo a orde do 22 de xaneiro de 2009 da Xunta de Galicia. Así se reflicte no capitulo 1. Artigo 4.2.d)
O BNG propuxo restrinxir o servizo ós/ás usuarios/as cuxa capacidade económica non supere o SMI (641,40€/mes). Esta proposta supón que máis do 40% das persoas que disfrutan agora deste servizo quedarían excuídos do mesmo.
EU propuxo que o servizo non se restrinxa en función da capacidade económica dos/as usuarios/as, tal e como ocurre co Servizo de Axuda no Fogar, senón que isto sirva para establecer a cofinanciación do servizo, rachando coa gratuidade existente ata o momento sen ter en conta a capacidade económica das usuarias.
A expensas do que poida dar de si o debate, isto confirma a tendencia a propor recortes de prestacións e servizos iniciada polo BNG en Benestar Social durante esta corporación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario