
Unha moción presentada por EU para adoptar un criterio interpretativo sobre as edificacións de casco antigo e o "fóra de ordenación" foi aprobada por unanimidade en xuño de 2010. Transcurrido máis dun ano, o único que se correxiu foi, en Agosto de 2011, a ordenanza da Área de Rehabilitación Integral no seu punto nº8, quedando redactado da seguinte forma:
“Poderán concederse axudas para edificios e elementos fóra de ordenación para as actuacións permitidas pola normativa urbanística vixente. Nestes supostos reduciranse nun 25% a contía das axudas que lle fosen de aplicación nesta ordenanza. Quedarán excluídos da reducción os edificios e elementos fora de ordenación parcial segundo o criterio da lei do solo de Galicia 9/2002 do 30 de Decembro (DOG 31/12/2002)..."
Pois ben, mentras na ordenanza que regula as axudas públicas se distingue entre fóra de ordenación e fóra de ordenación parcial, no informe técnico que autoriza as obras síguese a falar de "fóra de ordenación" sen distinción.
O noso grupo reiterou na Comisión de Urbanismo do 8 de febreiro a petición de que se cumpla o acordado en xuño de 2010 para soster un criterio único como Concello. O compromiso do goberno foi que se iniciarán os traballos necesarios!!!
1 comentario:
¿ Nunha situación de caos e desorde como parece ser que está resultando a xestión do goberno municipal do BNG no Concello de Mugardos , é estraño ou sorprendente pensar como neste caso , que algo estea fóra de ordenación ?
Publicar un comentario