10 mar 2012

10 de Marzo: Día da Clase Obreira Galega















No I Congreso do S.N. De CC.OO. de Galicia, celebrado os días 2, 3 e 4 de xuño de 1978 en Vigo acordouse que o 10 de marzo fose o Día da Clase Obreira Galega. A morte dos traballadores afiliados a CC.OO. Amador Rey e Daniel Niebla, os feridos, encarcelados e despedidos o 10 de marzo de 1972 en Ferrol, xunto coas posteriores mobilizacións na comarca de Vigo, serán sempre unha referencia de loita polos dereitos da clase obreira e a democracia.
Hoxe, 40 anos despois, a clase traballadora ten novos retos que afrontar, entre eles parar a reforma laboral do PP que degrada as nosas conquistas ou deseñar alternativas que profundicen na democracia para a cidadanía.
Como sempre debemos utilizar todalas ferramentas das que podemos dispoñer para conquerir logros, así que vemonos nas manifestacións dos días 10 e 11 de marzo ás 12:00 con saída da Praza do Inferniño.

No hay comentarios: