11 abr 2012

Costa Noroeste: 600.000€ para proxectos productivos








Debemos aproveitar a oportunidade para implantar proxectos productivos que xeneren emprego.
Os proxectos subvencionados (ata o 50%) van desde ampliación de empresa de carpintería e fabricación de mobiliario de cociña ata creación e explotación de empresa de turismo de aventura pasando por ampliación de empresa de panadería artesana.
En Mugardos temos empresas que poden necesitar novas ampliacións, diversificacións ou persoas que poidan crear a súa propia empresa para saír do pozo no que estamos.
Costa Noroeste pode ser unha oportunidade para intentar por en marcha novos proxectos. Para máis información entra na páxina: www.costanoroeste.org
O noso grupo municipal é o representante do Concello na Xunta Directiva de Costa Noroeste: se precisas  algo, non dubides en contactar con nós.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

aun que no tiene nada que ver con la entrada me guataria hacer un comentario de un problema que tengo
y que ya habia comentado en este blok
despues de muchos meses por fin se me contesta a mi solicitud de agua y se me desestima por no tener licencia de primera ocupacion segun la ley 18/2008
en otra entrada mas para delante proponeis que los plenos sean grabados pues yo pediria que fueran grabadas las comisiones que para los ciudadanos serian mas interesantes.
volviendo al tema me gustaria que me contestarais a varias preguntas
que acordardateis en la comision para las viviendas que tienen dicho servicio y no tienen licencia de primera ocupacion?
me gustaria saber cual es la postura de eu en este tema?
gracias de antemano y espero que se me conteste

EU-IU dijo...

En canto ás vivendas ocupadas sen licencia de 1º utilización e con altas nos servicios autorizadas polo Concello, o noso grupo plantexou estudar as consecuencias legais que ten a aplicación da lei. No momento en que teñamos claro a través do informe xurídico correspondente as consecuencias que acarrearía a decisión do concello tomariamos unha decisión, sin descartar a reposición da legalidade.
Por último, as comisións informativas informan, así que a Xunta de Goberno Local pode tomar unha decisión en sentido contrario, tal e como faí noutros asuntos.

No tocante á publicación das actas das comisións informativas, xa maniefestamos a nosa opinión política favorable, advertindo das diferencias de opinións sobre a legalidade da súa publicación.