28 may 2012

Manifestación de SOS Sanidade Pública
















A Plataforma SOS Sanidade Pública convoca unha manifestación en Santiago o domingo 3 de Xuño en defensa do noso sistema sanitario. Sairá un autobús de Mugardos (á porta do Concello) ás 10:00 da mañá para voltar ás 14:00. O prezo do billete é de 7 € (só para os adultos).
Podes apuntarte no despacho do noso grupo municipal ata o xoves pola mañá.
Acude. Loita polo que é teu.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

¿Xa vos cansáchedes de facer oposición en Mugardos? ¿Vos leva as forzas darlle só ao PP? Creo que vos esquecedes de que sodes un partido municipal, non fagades só política nacional, non a facíades co PSOE, agora que?

Andrés dijo...

É o 3 de xuño.
Grazas

EU-IU dijo...

É un alago para nós que recoñezas que EU inviste esforzos en denunciar as políticas de recortes sociais que está implantando o PP, sumando as súas forzas a diferentes colectivos.Somos parte da estructura territorial dunha organización federal, non un partido municipal.En canto á política municipal, as nosas aportacións son mellorables, así como o noso traballo como todo nesta vida.A nosa organización é forte como para prestar atención ás dúas vertentes ás que fas referencia.

Anónimo dijo...

Deixádevos de tanta leria que non estades no parlamento, e poñedevos a traballar para os que vos votaron, que non é facer politica nacional!!!!