13 may 2012

Plan de Inclusión Social


A nosa proposta: elaborar un Plan de Inclusión Social que prevea a concreción de itinerarios individualizados para as familias en emerxencia extrema e que poña tódalas medidas necesarias para a súa integración na comunidade; a maiores dun plan de choque para actuar urxentemente e rachar esta situación.
A resposta obtida do BNG a un rogo no Pleno de Abril no que plantexábamos a intervención urxente para que familias de Mugardos non andivesen rebuscando comida nos contenedores non puido ser máis desalentadora. Respondeunos cun informe da Policia Local (onde se recollen as queixas dos veciños pola existencia de restos de lixo na bairarrúa) e unha nova "estratexia de comunicación" colocando carteis en edificios públicos e privados para informar das axudas de emerxencia.
Non menos desalentadora foi a resposta do do PSOE: que as familias superen a vergoña de acudir aos Servicios Sociais  de Atención Primaria do Concello, apuntalada por una iniciativa do PP: charla da psicóloga municipal para axudarlles a superar eses complexos; sen esquecer falar cos supermercados para que non tiren a comida que non pode estar na cadea comercial ós contenedores.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Es maravilloso como le dais la vuelta a las cosas, y digo esto con conocimiento de causa ya que yo estaba en esa comisión, lo que dijo mi compañera del PP es que la Psicóloga diera charlas a las personas que están en emergencia social para que sean conocedores de los derechos que tienen y de las ayudas que el concello pone a su alcance, (que desde nuestro punto de vista se debería hacer un esfuerzo mayor en estos momentos), ya que hay mucha gente que las desconoce.
Por otra parte esas personas no tienen que superar ninguna vergüenza ya que el estar en esa situación no lo es, quizás para EU si lo sea, pero no para el PP de Mugardos, y por lo que entendí en esa comisión para el PSOE tampoco, simplemente se dijo que se podía dar más información sobre emergencia social a las personas que lo necesitan.
Pero esta claro que hay que hacer demagogia con todo, pero hacerla con un tema tan delicado como la situación que mucha gente esta pasando en estos momentos es tener pocos escrúpulos, en otros temas no he comentado nada pero con esto no voy a permitir que pongáis en mi boca ni en la de mis compañeros una injuria tal.

Un saludo

Gustavo Garro.
Concejal del PP de Mugardos.

EU-IU dijo...

EU fixo unha proposta que era elaborar por parte do persoal técnico un Plan de Inclusión Social con itinerarios individualizados e unha resposta de choque para situacións de emerxencia extrema.Para estos casos, entendemos que hai que dar un paso máis que o regulamento de emerxencia social existente.Non creo que insultaramos ós/ás concelleiros/as do PP coa nosa información e non información a medias, que en todo caso hoxe matizas pero non desmintes.A competencia profesional de información e orientación dos Servicios Sociais de Atención Primaria corresponden ás Traballadoras Sociais.En canto ó convenio con Cáritas e Portomagno proposto polo PP, o noso grupo apoiou a proposta indicando que sería bo convocar polo menos ás AA.VV.Non puxemos ningún pero á iniciativa.Iniciativa que xa existira cando EU era responsable da concellería de Benestar Social e que comentaramos días antes coa concelleira do PP, a raíz do debate sobre a participación da Cofradía de Jesús de Nazaretno na Festa do Polbo.Por último, recordarte que as competencias de goberno as ten o BNG non EU.As propostas que fan os grupos municipais nas Comisións as executa o goberno si o cre convinte.

Anónimo dijo...

Tendo coñecemento do publicado neste blog, e a pesares do meu principio de non participar neste tipo de foros, dada a gravidade das aformacións e a falsedade que se transmite do traballo realizado na concellería á que represento, debo puntualizar o seguinte:

A “proposta” á que fan referencia na súa entrada do día 13/05/12 non foi presentada nin en Pleno, nin en Comisión, nin por Rexistro de Entrada, senón no blog (polo tanto, non hai tal proposta). Parece que as súas “propostas” son maís ben "exclusivas para Internet". A Política Municipal faise no Concello e, cando de verdade quere achegar solucións, faise polas canles regulamentarias.

De todos os xeitos, non facía falta tal “proposta”. O Concello de Mugardos xa participa activamente no II Plan Galego de Inclusión Social 2007-2013; e tamén leva a cabo Itinerarios Individualizados de Inserción (IPI´s) para os demandantes de emprego.
Non obstante, agradécese a boa intención do seu Grupo Municipal, pero máis agradeceríase unha proposta concreta e novidosa na práctica, que colabore ou engada valor aos plans xa existentes.

O Regulamento de emerxencia social foi aprobado por unanimidade e publicado non mes de Marzo de 2012, cun aumento da tipoloxía das axudas e dos importes das mesmas. Por suposto, é un regulamento dinámico, sempre aberto á súa mellora por parte desta Concellería.

A “proposta” presentada por EU non foi tal proposta, senón un "rogo" en Pleno de que se tomen medidas ante a situación de que persoas deste Concello revisen colectores buscando comida. Cito textualmente ou seu rogo: "Pregamos ao goberno municipal tome urxentemente ás medidas necesarias para que esta imaxe que describimos non se volva a ver neste Concello"

Esta concellería non deixa en desamparo a ningún veciño ou veciña. Pon á súa disposición todos os medios técnicos e económicos cos que conta, prestando toda a axuda ao seu alcance.
Señores, non é unha cuestión de imaxe, senón de responsabilidade. Non quero facer política coa necesidade, senón axudar a quen o necesite e estea ao noso alcance.

Ao respecto do Informe Policial, vostedes coñecen perfectamente o texto íntegro do mesmo, a finalidade coa que foi solicitado e a necesidade do mesmo para a aclarar situación.
Dar a entender o que non é, volve a ser un exercicio de manipulación que salienta ás súas poucas intencións de coñecer a profunda realidade, para quedar só nun titular grandilocuente. Se queren achegar solucións, atoparemonos no camiño. Se só queren confusión ou enredo, o meu camiño é outro.

PD: Sobre a viñeta, sobran ás palabras polo mal gusto da mesma. Ainda que me axuda a entender a súa proposta en Pleno sobre ou Software Libre...Unha magoa que, coma outras tantas, fose retirada pola súa parte.

Atentamente

Mónica Mª Fernández Linares
Concelleira de Benestar do Concello de Mugardos

Anónimo dijo...

Ramiro, por que supongo que eres Ramiro, sabes como soy y no voy a dar pie a una discusión en ningún medio, mi respuesta fue simplemente para aclarar el tema y creo que lo deje bien claro, en ningún momento digo ni juzgo lo que EU hizo en esa comisión ni en ninguna otra, simplemente pido que no le deis la vuelta a lo que nosotros dijimos, en estos momentos y con tu contestación vuelves a hacer lo mismo, dar la vuelta a mi comentario, NO , mi comentario es simple y claro, y por más vueltas que lo des, da lo mismo, es claro y conciso, "LO QUE DIJO MI COMPAÑERA DEL PP ES QUE LA PSICÓLOGA DIERA CHARLAS A LAS PERSONAS QUE ESTÁN EN EMERGENCIA SOCIAL PARA QUE SEAN CONOCEDORES DE LOS DERECHOS QUE TIENEN Y DE LAS AYUDAS QUE EL CONCELLO PONE A SU ALCANCE,", queda totalmente claro, por supuesto que hay otras muchas cosas que se pueden hacer y podemos ponernos a hacerlas, no solo a comentarlas, y no solo en el concello como políticos, si no también como personas y vecinos de nuestros vecinos, y para ello si quieres podemos quedar como Ramiro y Gustavo (todo el que quiera ayudar sera bien recibido) fuera del concello, no como políticos, esta claro que el concello hará lo que pueda ó lo que quiera, pero si crees que es poco hagamos más nosotros, y cuando digo nosotros me refiero a todos los vecinos, independientemente y fuera de partidos políticos.
Este tema no es un tema para hacer demagogia ni para conseguir votos, es un tema muy serio que esta afectando a muchos de nuestros vecinos.

Un saludo Ramiro.

EU-IU dijo...

Sentimos que dado que o goberno xa faí todo o posible,segundo a Concelleira, non escoite nas comisións as propostas que faí EU.Porque decir que non se fixo proposta algunha si é faltar á verdade.Primeiro fixemos un rogo no Pleno, segundo a Concelleira o incorporou na Comisión como punto do día acompañado única e exclusivamente dun informe da policía local e terceiro nesa comisión EU propuxo a elaboración dun Plan de Inserción Social por parte dos técnicos de Servicios Sociais que fora acompañado de itinerarios individualizados porque non tódalas circunstancias eran as mesmas e necesitarían respostas diferentes en situacións de emerxencia extrema.
A partires de aquí, cada quen faí as súas valoracións sobre as súas actuacións e sobre as do resto.Por certo, faí Caritas demagoxía cando denuncia día tras día que aumentan as familias que estan en situación de pobreza extrema?Faí Caritas demagoxía cando impulsa campañas de recollida de alimentos?Faí o Presidente da Xunta demagoxía cando anuncia un novo Plan de Inclusión Social ou unha reforma da RISGA? Faí demagoxía o BNG cando denuncia a política da Xunta de Benestar Social? Eles non, so EU en Mugardos faí demagoxía cando faí propostas.En vez de organizar campañas contra EU sería mellor que actuarades para resolver problemas. A Mugardos lle iría mellor.

Ramiro dijo...

Estimado Gustavo y digo estimado en serio:
Te equivocas en varias cosas:
1º-Las respuestas de EU en este post no las he hecho yo, que no las hago siempre.
2º-Era innecesario personalizar.
3º-Me parece increíble que hables de injurias y que te eches las manos a la cabeza, diciendo que "otras veces" te has callado: me imagino que te refieres a las "informaciones" que, con frecuencia, publican otros partidos.
4º-Con respecto a la Comisión, tu compañera hizo la propuesta de la charla de la psicólogo municipal en un determinado contexto, en un determinado momento de la Comisión, inmediatamente después de que el PSOE hablara de la "vergüenza" que sienten muchos ciudadanos a la hora de solicitar ayudas a las que tienen derecho. Si quieres, te admito el matiz, pero lo de la charla tiene delito, especialmente tras la propuesta de EU de que los técnicos en la materia hicieran un Plan integral; esa fue nuestra propuesta, que nadie apoyó y que fue ninguneada y despreciada por parte de la concejal delegada, y fue seguida por una "tormenta de ideas" de los concejales presentes. Mi opinión (política) es que fue una absoluta frivolidad.Y no, no pretendemos hacer demagogia. Pretendemos hacer nuestro trabajo, que, a veces (no la mayoría de las veces) incluye dar a conocer lo que sucede en el Concello y las posturas que mantienen los distintos grupos. ¿Somos soberbios porque estamos cansados de que otras personas - no tú precisamente - se apropien alegremente de la información que compartimos incluso en conversaciones privadas? ¿Hay derecho a que nos exija la palma del martirio gente que se exige bien poco a sí misma? Si es así, pecamos de soberbia en grado superlativo. Y por mí, quede aquí la cosa, que lo importante, en efecto, no son nuestras reyertas. Sólo un apunte: he dicho muchas veces que a la subida de EU en las últimas municipales puede haber ayudado el enorme esfuerzo de propaganda digital e impresa que llevamos un par de años haciendo: pero esa propaganda, no nos equivoquemos, es reflejo de un trabajo cotidiano y sistemático, un trabajo que durante muchos años sacó adelante nuestra concejal casi en solitario. Imitarnos en la "política de propaganda" sin imitarnos en el trabajo que hay ddetrás no va a llevar a nadie a ningún sitio. Y de nuevo, no lo digo por ti, bien lo sabes.

Un afectuoso saludo,
Ramiro

Anónimo dijo...

A veces no doy crédito a lo que leo, yo creo que pensais que los vecinos de Mugardos somos tontos, si yo digo que soy tonto cuando me conviene e IU pública que soy tonto, es o no es una mentira, es que ni siguiera es una verdad a medias y si a esto os referís con el trabajo que hace años lleváis haciendo flaco favor le hacéis a nadie. Por otro lado leí en varias ocasiones "ya se hacia cuando IU era responsable de la Concejalia de Bienestar Social", eso es pasado y lo que tenéis que hacer es mirar al presente y al futuro, que con el pasado no comemos.

Opinión de un vecino de Mugardos