27 jun 2012

Non se poderá xustificar a aportación da Xunta ó Comedor




















O 18 de xullo de 2011 plantexabamos a necesidade de elaborar unha taxa para que as familias pagasen segundo a súa capacidade económica. A non existencia da taxa non impedía que as/os fillas/os de  familias con poucos recursos económicos asistiran sen pagar, pero imposibilitaba facer axudas diferentes en función das rendas.
A día de hoxe e despois de que o día 13 de marzo de 2012 entrara en vigor a taxa, EU está en condicións de afirmar que dende a  Área de Benestar Social e Educación, a pesares de requirirse ás familias  a documentación, esta aínda non resolveu as solicitudes.
Á espera dos datos económicos, podemos afirmar que o Concello non só non puxo un peso para financiar o comedor, senón que non vai poder xustificar tódolos cartos que concede a Xunta, polo menos con facturas de menús.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

De acordo con esta información , sumada ás anteriores , todo apunta a que o listón da inoperancia en canto á xestión do Goberno municipal , móstrase cada día máis alto e de seguir así é de temer que non teña teito .

De todos os xeitos non hai que perder a esperanza de atopar solución e remedio .

Anónimo dijo...

ISTO QUE VAI A CONTINUACIÓN ESTABA NA SECCIÓN DE TAXAS DO VOSO BLOG, ASÍ QUE QUEDA DEMOSTRADO QUE SÍ HAI TAXAS PARA O COMEDOR, OUTRA COUSA É QUE NON SE XUSTIFIQUEN OS GASTOS A XUNTA POR FALLA DE FACTURAS DOS MENÚS, PERO AS TAXAS ESTÁN AQUÍ:COMEDOR ESCOLAR

A aprobación da taxa do comedor convírtese nunha excusa perfecta para subir un 35% o prezo do menú para unha boa parte dos/as usuarios/as. Pasando de 3,8€ menú/día no curso 2010-11 a 5,15€ menú/día a partires de agora. A eliminación dunha porcentaxe de bonificación que ata o de agora recibían tódolos usuarios pode por en risco de desaparición ou de insostibilidade económica un servizo de conciliación da vida familiar e laboral, así como de garantía dun xantar para os nenas/os con familias en dificultades económicas.
Ata o de agora, non existía ningunha taxa ou norma que prohibise ó grupo de goberno financiar ós/ás fillos/as de familias en emerxencia social a totalidade do custo do comedor escolar. Agora familias que poden acceder a axudas de alimentación co Regulamento de Emerxencia en vigor terán que cofinanciar o coste do comedor dos seus fillos.
Estas dúas cuestións sumadas a outras diferencias fixo que EU presentase unha reclamación á taxa aprobada polos grupos municipais de BNG/PP/PsdeG-PSOE.
O máis destacable da reclamación é:
1.- A concesión das bonificacións e as exencións terán como condición que as/os usuarios/as do servizo sexan menores de idade empadronados e residentes no Concello de Mugardos e que usaran o servizo máis do 50% dos días do mes.
2.- Existirán exencións e bonificacións en función da renda económica para todos os usuarios que cumplan o punto anterior. A bonificación mínima sitúase no 23%, é dicir manter o prezo actual que supón un incremento do 11% con respecto ó curso anterior.
3.- Tódalas familias que cumplisen os requisitos do Regulamento de Emerxencia (aprobado no pleno de novembro) poidesen estar exentos do pago do comedor.
4.- Poderan preverse excepcións aos criterios xerais nos casos en que exista problemática de desestructuración familiar e se procure a integración do menor, mediante resolución motivada para acordar a concesión do servizo como exento.
5.- Porcentaxes de participación na financiación do menú en función da renda da unidade familiar:


Familia de 2 membros
Familia de 3 membros
EXENTOS
Ata 8.976,6€/ano
Ata 10.176,6€/ano
BONIFICACIÓN 85%
8.976,7-9.976,7€/ano
10.176,7-11.176,7€/ano
BONIFICACIÓN 70%
9.976,8-10.976,8€/ano
11.176,8-12.176,8€/ano
BONIFICACIÓN 55%
10.976,8-11.976,8€/ano
12.176,9-13.176,9€/ano
BONIFICACIÓN 40%
11.976,9-12.976,8€/ano
13.176,8-14.176,9€/ano
BONIFICACIÓN 23%
12.976,9€/ano en adiante
14.176,9€/ano en adiante

A partir de 3 membros da unidade familiar de convivencia se sumará 1.200€/ano por cada membro.

A reclamación foi votada en contra polo BNG, PP e Psde G-PSOE remitíndose ó texto aprobado no pleno do 25 de novembro de 2011, cunhas variacións introducidas sin ser plantexadas polo goberno en comisión informativa para aclarar “malas redaccións” en canto ós usuarios posibles do servizo (antes excluían ó persoal docente e non docente a pesares das advertencias de EU de que o tiñan gañado por sentencia xudicial) e a quen benefician as bonificacións (excluíndo ó persoal docente e non docente).

Anónimo dijo...

non teñades en conta a mensaxe que mandei sobre as taxas, foi un erro de lectura, perdoen. O que sí quero dicir e que si entran en vigor, o comedor gratis non sae, e dicir hai uns gastos, e digo que que eses gastos poderán xustificarse a XUNTA dalgunha maneira..

EU-IU dijo...

Imos ver: aínda non tendo en conta o seu erro de lectura, afirma vostede tres cousas:
-se a taxa entra en vigor: é que está en vigor, pero o goberno municipal non a aplicou, pese a ter requerido a documentación ás familias.
-vanse poder xustificar os gastos á Xunta: nin se xustificou antes -é un feito- nin cremos nós que se vai xustificar este ano o presuposto que a Xunta compromete, porque os cartos que pon o Concello sempre son menos do que a Xunta está disposta a aportar.
-non será gratis: para as familias, non, para elas encarecerase; pero para o Concello xa era gratis, posto que non gasta nin o que a Xunta aporta; polo tanto, xa non precisa nin poñer un euro.
Se vostede en disposición de afirmar que se poderán xustificar eses cartos á Xunta, diga cómo. En calquera caso, ¿sería en beneficio dos usuarios?