4 jul 2012

Premios Bello Piñeiro e Piñeiro Pose











Obra gañadora do Premio Bello Piñeiro, de Fco. José Manzano Méndez



Unha antiga reclamación foi por fin atendida: a Escola Municipal de Pintura non rematou a súa actividade a principios de Maio. A Comisión de Cultura aprobou unha proposta de Esquerda Unida que contemplaba o cambio de data para o Nadal. Tras o debate, aprobouse por unanimidade que a inauguración e a entrega de premios se celebrasen o primeiro domingo de Xullo. Neste enlace podes acceder á acta co fallo do xurado.
Esquerda Unida tamén propuxo que o premio Piñeiro Pose recollese dúas categorías, unha para menores de 12 anos e outra para mozos de entre 13 e 17 anos, así como un cambio na natureza dos premios: cambiamos a viaxe cultural por vales de compra para material de pintura en establecementos de Mugardos. A nosa proposta, con cambios na cuantía dos premios, tamén foi aprobada por unanimidade.
Esperamos que no futuro os premios poidan seguir mellorando, con incrementos na cuantía, coa celebración de actividades paralelas, coa promoción da Escola de Pintura, etc.

No hay comentarios: