7 may 2013
Aprobadas as propostas de AGE no Parlamento para as escolas de Mugardos
Unha boa nova: hoxe aprobouse por unanimidade no Parlamento de Galicia a iniciativa presentada polos nosos deputados (na foto, na recente visita que fixeron a Mugardos) sobre a ampliación do "Unión Mugardesa" e a rehabilitación da vivenda do bedel no "Santiago Apóstolo" de Franza. Neste enlace podes ler a nota que enviamos á prensa.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Estimados amigos e veciños do grupo municipal de Esquerda Unida , en primeiro lugar debo e quero felicitarvos polo traballo conxunto que fixestes a pé de obra conxuntamente cos vosos compañeiros deputados e a Comunidade Educativa do noso municipio , para facer que que a Agrupación Galega de Esquerdas ( AGE ) trasladase as vosas xustas reivindicacións ao Parlamento Galego e que, por unanimidade, aprobase unha proposta de mellora das infraestruturas educativas do noso municipio relacionadas cos colexios "Unión Mugardesa" e "Santiago Apóstolo" de Franza.
Non quero desaproveitar a ocasión para facer algún comentario sobre certa información relacionada con esta cuestión, publicada recentemente no blog do Partido Popular de Mugardos e que para min carece de credibilidade posto que de ser certa a súa versión de que había un acordo previo ou máis ben aceptación por parte do alcalde en canto a unha proposta de Convenio por parte da Xunta , induciría a pensar que tanto os deputados do PP coma os do BNG en sede parlamentaria vísesen obrigados a tratar e escenificar algo xa estaba previamente “ precociñado " , cuestión que eu non me creo .
É inconcibible tamén que dende un grupo municipal con aspiracións de gobernar diga que no Concello de Mugardos sobra diñeiro e polo tanto se pode dedicar os cartos a cuestións que non nos corresponden nín estamos obrigados por competencia como reparar as propiedades da Igrexa Católica ou axudar a financiar as competencias e obrigas da Xunta en materia educativa.
O que parece é que no Concello de Mugardos hai diñeiro que por falta de planificación, iniciativa e ideas está paralizado e non se sabe como e por onde empezar a gastalo. Non é o mesmo que haxa diñeiro e non se saiba onde e como gastar , que non haxa onde gastalo.
En beneficio da necesaria clarificación non quero estenderme máis no tema e espero por iso que nos manteñades informados ao respecto.
Grazas.
Publicar un comentario