2 jul 2013

Acordo de goberno














Tal como recollían nos últimos días os medios de comunicación, o BNG e EU chegaron a un acordo de goberno sobre a base das negociacións mantidas a finais do ano pasado, nas que tamén participara o PSOE.
O Grupo Municipal e a Asamblea Local de EU respectan a decisión do PSOE de non entrar no acordo, pero consideran imprescindible, no actual contexto político, asegurar para Mugardos un goberno estable e de esquerdas, que protexa os servizos públicos, dinamice a vida municipal e leve adiante os proxectos que o noso Concello precisa.
Os termos do acordo recollen as aspiracións e os principios básicos que EU representa e recollen tamén os compromisos que, a través del, adquirimos con tódolos cidadáns. (Enlace ao texto completo)

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Soa moi bonito, veremos se se cumple.Soa moi bonito o do museo de Caldoval, a axuda a dependencia, ás familias sen recursos, os cursos para maiores de 18 anos para ter a E.S.O... Da lectura falta un moi sinxelo, que é publicar as actas das comisións de goberno(agora non se publican) e os plenos, pero non con dous meses de retraso.E outro que sería unha posta en valor dos recusros turísticos de Mugardos para traer visitantes que gasten no pobo, xa que de non ser así non sei de ónde se van ascar os cartos para todo. E as estradas, o mesmo que serven para chegar tamén serven para saír.

Anónimo dijo...

¡No pactaremos con quien no fue juzgado! Lo repito por si no ha quedado claro. No apoyaremos a quien no ha sido juzgado porque no ha habido juicio! Donde dije digo...digo Diego...Lamentable

Anónimo dijo...

Será importante, entre outras cousas, que non xurda o fenómeno político da " bicefalia " para poder chegar a bo porto. Aínda que sín moito convencemento , dadas outras experiencias , eu aínda así espéroo nesta ocasión.

Anónimo dijo...

En primeiro lugar quixera deixar claro que ao meu entender os pactos políticos , neste caso de goberno , non deben de xulgarse en principio polas siglas dos asinantes , ou sexa polo continente , senón polo contido do conxunto e cada unha das propostas ou accións de goberno pactadas . Tanto é así que a principios deste mandato municipal houbo un intento de pacto de goberno baixo as siglas de Esquerda Unida e do Partido Popular que de terse levado á práctica resultaría tan lexítimo como o actual . Por iso , antes de nada , sería bo deixar clara esta cuestión .
Dito o anterior penso tamén que é prematuro nestes momentos poder facer unha valoración dos acordos de goberno subscritos polo BNG e EU , porque ata o momento é algo así como unha declaración de intencións ou un proxecto que aínda non se puxo en marcha e do cal soamente coñecemos de forma xenérica algunas cuestións . Haberá que esperar á aprobación dos presupostos municipais do presente ano para ver en que medida poden concretarse e converterse en realidade as boas intencións do pacto .
Mentres tanto haberá que deixalos traballar, e en todo caso xulgar por feitos concretos.

Anónimo dijo...

“Pactar con el diablo”
Tanto o cine como a literatura están cheos de referencias a este interesante e “filosófico” tema. Baixo o meu punto de vista comete vostede o erro de contemplar o “ente” BNG(Mugardos)-EU(Mugardos), ou BARCIA-PILAR, como unha abstracción introducida asépticamente no ambiente esterilizado dunha probeta. Pero as cousas non son así de simples. Dalle vostede tamén, no seu comentario, lexitimidade a un hipotético pacto EU-PP a comezos da lexislatura, non sei si vostede o é, pero tamén unha equivocación hoxe en día moi en boga nos políticos que nos adornan, que pensan que unha vez que reciben o voto teñen potestade para facer con el o que lles dea a gana, aínda pasando por enriba das promesas electorais ou programas políticos que fixeron que ese voto fose depositado. Exemplo importante témolo no goberno do estado español, para chegar aí prometo, e unha vez que estou aí, si prometín algo non me acordo ou “non é posible facelo”. ¿Pensa vostede, por moita lexitimidade que poidera ter un pacto así, que os votantes do PP e EU non se sentirían enganados?.
Barcia logo de tres lexislaturas, trae unha historia detrás del, e unhas formas de facer que todos coñecemos; Pilar, na última campaña electoral fixo unha promesa, repetidas veces, que sin dúbida deulle votos, unha promesa que rompe, e uns votos que traizoa. Polo ben do pobo, dise, e pactando obxectivos de EU, pode ser, pero eso ó meu ver podese facer con acordos puntuais, mocións, etc…, non por ser oposición tes que obstaculizar sistemáticamente. A mín dame a impresión que o que non se quere ou non se sabe é ser oposición, e para evitar iso, se fai falta páctase co demo, aínda que acha que vender a alma. E iso é para moitos votantes de EU-Mugardos o que fixo Pilar Díaz, vender a sua alma.
O tempo dará ou quitará razóns, e os votantes votos.
E por favor, prego que ninguén se ofenda , o símil literario, non deixa de ser máis que iso.

Anónimo dijo...

Esta mañá , á espera de que se produza o efecto desexado , lin con satisfacción a noticia de que cabe a posibilidade de que a Xunta de Galicia nos conceda unha axuda de 150.000 euros para dedicalos á rehabilitación das zonas antigas da nosa vila e tamén do Seixo .
É de desexar que se nos conceda a axuda pero vistas as condicións en que se encontran as edificacinoes de ambos os dous casos , principalmente en Mugardos , necesitaríase de moita máis axuda da Xunta , moita máis decisión do Concello e a obrigada cooperación dos correspondentes propietarios.
É de desexar tamén , en caso de levarse a cabo , que a urbanización da rúa do centro urbano de Mugardos que anuncia o noso alcalde , se faga con máis sentido, eficiencia e eficacia do que se fixo coa urbanización - “ humanización “ - feita recentemente na rúa María .

Grazas.

Anónimo dijo...

En canto ao comentario “ Pactar con el diablo “ , sín entrar nos personalismos , aínda recoñecendo lamentablemente que son en moitos casos os que emponzoñan a acción política , coincido co autor no feito de que a lexitimidade de elección , que ninguén discute , nada ten que ver coa lexitimidade de acción que debe ser a que conte á hora de gobernar sín adulterar os compromisos electorais . Esa almenos é a lexitimidade a que eu me refería no comentario anterior , e penso que é a que debe contar en todo momento . Dito o isto quero aproveitar para convir coa persoa autora do comentario que as siglas ou as bandeiras de por si tampouco dan lexitimidade . A lexitimidade gáñase , ou pérdese , a través dos comportamentos e dos feitos .
Por último dicir que é curioso comprobar que o propio sistema democrático formal polo que nos rexemos ten establecidos mecanismos de control para evitar a fraude electoral , no cal participan activamente os partidos políticos e as coalicións mediante interventores no proceso electoral , pero pola contra non existen en cambio procedementos para poder evitar ou sancionar as fraudes postelectorais que adoitan producirse con maior frecuencia e que se traducen no incumprimento sistemático dos programas electotais . Exemplos hai dabondo .
Toda unha materia democrática pendente . ¿ Ata cando ?

Anónimo dijo...

Empeza a chamar un pouco a atención o feito de que despois de máis dun mes de terse configurado un novo goberno municipal no noso concello , conformado polo BNG e EU , non estea aínda actualizada a páxina web oficial en canto á nova composición e configuración das distintas áreas de responsabilidade .
Entendendo que non é un problema presupostario , e polo tanto se supón de moi doada solución , é de esperar e desexar que se emende o máis pronto posible.
Grazas.