17 jul 2013

Ordeanza Fiscal nº 13: Escola Infantil "AS Lagoas"















Pódese consultar na páxina web do Concello a nova ordeanza fiscal da Escola Infantil "As Lagoas", que está en fase de exposición.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola Ramiro, diríxome a ti por ser quen publicas o enlace, e tamén porque xa teño falado contigo en máis dunha ocasión do tema, son o pai que presentou a queixa ó Valedor do Pobo por esta Ordenanza. Adiántoche que presentarei unha alegación a esta modificación antes de que remate o prazo de exposición.
Exercicio sinxelo: Siga a progresión, 100…75…50…?
Doado, ¿non?. Agora bótalle unha ollada á táboa de prezos e á columna de bonificacións. Eu cando presentei a alegación alá polo mes de decembro e a queixa ó Valedor, non o fago porque me guste queixarme, ou porque non teña outra cousa mellor que facer, o fago porque o tramo no que se encontra a miña familia do 125% o 150% do IPREM, e por si fora pouco máis próximo ó 125 que ó 150, sufre un agravio comparativo, porque se me compara con rendas que me duplican, e triplican, sendo unha renda media que dista moito de ser das máis altas da garderia, e máis próximas xa digo ás do 125% que teñen unha bonificación do 50%. Este tramo sofre concretamente, non sei se chegariades a ler a conclusión do Valedor, “unha carga desproporcioada”.
Quéixeime pola falta de progresividade e segue sen haber progresividade. No presente curso somos catro familias neste tramo e o vindeiro só cinco. Realmente é por cartos?, por aumentar aproximadamente un 10% máis a bonificación a este tramo non pode o concello facer unhas taxas socialmente máis xustas?.
Leo no pleno que cambiades a ordenanza por vontade propia, que non vos obriga ninguén, ningunha lei, nin ningunha institución. Certo, pero tamén é certo que se eu non me tivese queixado, e se non houbese un informe do Valedor e un aviso de inclusión como incumpridor noutro informe para o Parlamento de Galicia, nin vós, nin o alcalde, nin ninguén tería feito nada para cambiar as taxas, e moito menos estariades nun pleno votando unha modificación das mesmas. Polo tanto eu pido que se asuman os erros, e se se fai unha modificación, que non se faga por facer, ou por cubrir o expediente, senón que se faga polo motivo que hai que facela e que non é outro que “axustar a Ordenanza á maior progresividade legal e real”.
Nestes tempos de crise nos que os cidadans estamos a padecer as consecuencias dos abusos e os erros do sistema financiero, da banca e das administración e algúns representantes políticos, en forma de todo tipo de recortes económicos e de dereitos, de repagos, de suba de todo canto imposto hai, e o que nos queda por vir se esto sigue así, eu xa teño máis que asumido que nin vou calar, nin vou a quedar de brazos cruzados.
Espero sinceramente que recapacitedes.
Un saúdo.

Anónimo dijo...

Poñendo por diante o feito de que o aumento da intensidade no traballo orixinada pola vosa recente incorporación ao goberno municipal poida ser o motivo da lentitude e tardanza nas respostas aos últimos comentarios producidos no voso blog, non debe de ser motivo abondo como para deixar de expresar certa decepción porque á vez considero que por moita absorción que vos produza a acción de goberno, considero que hai respostas que debesen ter certa inmediatez porque pola contra pode acontecerlles como os produtos perecedoiros que teñen data de caducidade . Por iso e neste caso pensando que para a saúde democrática , tan deteriorada nestes momentos, sería bo que as respostas ás inquietudes cidadás se producisen con maior axilidade e claridade .
Precisamente unha boa proba diso é o comentario do pai de alumno ou alumnos que presentou a reclamación ao Valedor do Pobo que neste caso volve a observar certas lagoas na nova redacción da ordenanza.
Insisto a todo isto habería que contestar con prontitude e coa máxima claridade.