O goberno municipal acondiciona o exterior do Colexio Santiago Apóstol, revertindo a situación de anos anteriores que impedía a utilización de practicamente o 90% da superficie para actividades propias do centro. Estas obras, ó mesmo tempo, van a solucionar os problemas de humidade do centro, reparar o peche frontal e colocar un novo no lateral, evitar as zonas sombrías do edificio e reparar os elementos do parque infantil.
As obras continuarán coa eliminación de problemas detectados no interior do edificio e que corresponden a conservación (
reparación de persianas, manillas das portas, azulexos dos baños, focos do alumeado, retirada de antena do tellado,etc.)
O Concello e o Centro Educativo quedan á espera de que a Delegación de
Educación estude e execute os traballos necesarios, tal e como se
comprometeu o Delegado hai uns días, na visita que realizou a Mugardos: a instalación do porteiro automático e o recubrimento das columnas do
patio cuberto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario