O Concello de Mugardos rematou no día de hoxe as obras de
acondicionamento do Mercado Municipal de San Telmo que contaron coa
cofinanciación da Xunta de Galicia. Estas obras consistiron na
reparación das goteiras do tellado, na eliminación da acumulación
de auga que se producía no acceso á nave do peixe polo afundimento
do piso, na ampliación do número de postos en 4 e na colocación
de contadores de auga e luz independentes para cada posto.
Estas obras enmárcanse dentro da dinámica emprendida polo goberno
municipal tras a aprobación e posta en marcha do Regulamento de
Funcionamento do Mercado Municipal para dar un impulso ó mesmo.
O goberno municipal segue a dar os pasos necesarios para que o
Mercado Municipal, tras unha certa parálise, poida ter abertos á
venda de productos todos os postos dispoñibles, favorecendo a entrada
de novas actividades e a ampliación doutras que xa se viñan
desenrolando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario