26 sept 2007

Denuncia de EU-IU ante a Consellería de Traballo

E.U.-I.U. denuncia a posible utilización irregular dos traballadores do INEM na categoría de peóns para cubrir as vacacións das/os limpiadoras/es dos edificios públicos. Enviouse hoxe toda a documentación á Delegación da Consellería de Traballo, entidade que subvenciona os costes salariais dos traballadores en función duns traballos a realizar (mantemento da rede de abastecemento de auga e sumidoiros, e mantemento de servizo da limpeza), nunca para cubrir as baixas por vacacións, tal e como recoñeceu o Presidente da Comisión de Persoal que está sucedendo no noso Concello, a preguntas nosas o día 19 de setembro.

Ver texto integro

No hay comentarios: