25 sept 2007

CONDENA DOS ACTOS VIOLENTOS

O G.M. de E.U.-I.U. solicitou no día de hoxe unha reunión dos Grupos Municipais para tratar a situación xenerada no concello trala explosión producida a noite pasada na Pedreira. E.U.-I.U., reclamou nesa xuntanza:
- Condena sen paliativos deste acto violento.
- Solidaridade cos/coas veciños/as afectadas pola explosición. Ademáis, que o Concello analice os gastos ocasionados para os/as veciños/as afectadas/os, por se os danos non fosen asumidos polos seguros das súas vivendas.
- Que o Concello de Mugardos denuncie ante a garda cívil este gravísimo feito, xa que ata ese momento non fora denunciado.
- Que a declaración conxunta fora ratificada polo Pleno do Concello de Mugardos.
Posteriormente á reunión de Portavoces, onde se aprobou un comunicado conxunto, que non incorpora a ratificación polo pleno do comunicado dos grupos municipais, tivemos coñecemento das declaracións do Alcalde Barcia, declaracións que rexeitamos por infundadas e por intentar xerar un clima de violencia, inexistente a día de hoxe no Concello de Mugardos.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Como un alcalde pode criminalizar ós seus veciños deste acto?