10 sept 2007

Mocións presentadas por EU-IU no Pleno do 31 de Agosto, 2007

Dª Pilar Díaz Otero, como portavoz do Grupo Municipal de E.U.-I.U., no Concello de Mugardos, ó amparo da lexislación vixente presenta a seguinte moción ó Pleno do Concello:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dictou as seguintes sentencias: con data de 23 de xuño de dous mil catro e nº 536/2004; e de vintesete de xuño de dous mil seis e nº 00606/2006 dando á razón ás entidades e institucións que presentarán recurso contra a resolución da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental de 11 de xuño de 2001 pola que se formulaba a Declaración de Efectos Ambientais.
Ambas sentencias indican a obrigatoriedade de realizar un Estudo de Impacto Ambiental, e non de Efectos Ambientais, tal e como se realizaou ata o día de hoxe.
Sentencias recurrida por Reganosa e pola Xunta de Galicia, ante o Tribunal Supremo ( Madrid ) e pendentes de resolución polo mesmo.



ACORDO:
1.- O órgano competente do Concello de Mugardos, non outorgará a licencia definitiva de actividade á Planta de Gas Natural Licuado, de Reganosa, ubicada en Punta Promontoiro, ata que o Tribunal Supremo decida sobre os recursos de casación ante a sá do contencioso-administrativo interposto pola Xunta de Galicia e pola empresa Reganosa, ás setencia nº 536/2004 e nº00606/2006 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
2.- Que se transmita este acordo a : Reganosa, Presidente da Xunta de Galicia, Conselleiro de Industria, Conselleiro de Medio Ambiente,Directora Xeral de Protección Civil,Ministro de Industria, Director Xeral de Política Enerxética e Minas, Ministra de Medio Ambiente e á Plataforma de Veciños de Mehá.
Mugardos, a 23 de agosto de 2007
Portavoz do G.M. de E.U.-I.U.
Asdo. Pilar Díaz Otero
ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE MUGARDOS.

ESTA PROPOSTA FOI REXEITADA POR 12 VOTOS EN CONTRA (BNG, PP, PSOE e IpMU) E 1 A FAVOR (EU-IU)

* * * * * * *
Dª Pilar Díaz Otero, como portavoz do G.M. de E.U.-I.U., ó amparo da lexislación vixente presenta a seguinte moción ó Pleno do Concello de Mugardos:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
O Concello de Mugardos, esta conformado por diferentes parroquias que teñen case imposible a súa comunicación por medio de transporte público, esto imposiblilita unha comunicación fluída entre a veciñanza das diferentes parroquias, e unha dificultade engadida para as persoas que habitan nas parroquias que se teñen que desplazar á Vila para acudir ó Centro de Saúde, ó Mercado Municipal ou ó propio Concello.
Estas dificultades imposiblitan, tamén, un desenvolvemento do comercio local, por ser toda unha odisea poder acercarse á Vila de Mugardos a mercar, a participación nas diferentes actividades por persoas da Vila nas actividades programadas nas parroquias, e ó revés.
Todo isto lévanos a plantexarnos que o Concello de Mugardos debe buscar alternativas a este problema, que articulen a totalidade do Concello de Mugardos e que posibiliten unha comunicación fluida entre toda a veciñanza e o seu acceso ós servicios dos que esta dotado o Concello.
ACORDO:
1.- O Concello de Mugardos realice un estudo dos costes económicos, utilizando como premisa fundamental a rendibilidade social de implantar un servicio de transporte municipal que comunique a tódalas parroquias entre si.
2.- O Concello de Mugardos implique na elaboración do estudo e nas súas conclusións e alternativas ó conxunto do movemento asociativo de Mugardos, fundamentalmente ás entidades veciñais das parroquias e á asociación de empresarios de comercio e hostalería de Mugardos.
Mugardos, 24 de agosto de 2007
Portavoz do G.M. de E.U.-I.U.
Asdo. Pilar Díaz Otero
ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE MUGARDOS.

ESTA MOCIÓN DE EU-IU FOI APROBADA POR UNANIMIDADE