9 sept 2007

Preguntas ó Alcalde de Mugardos ( Pleno do 31-08-07)

1.- O día, 17 de agosto, ás 20:00h., encontrábase o camión do lixo na rúa Peteiro, un pouco antes da súa casa. No lugar encontrábanse o conductor do camión, D. Bruno Freijomil, capataz da brigada de limpeza de praias, e D. Juan Carlos García. As tarefas a desenrolar, como saberá vostede, consistían en encher o camión do lixo, con materias procedentes dunha vivenda privada. ¿Podería indicarnos se por algún motivo excepcional cambiou o horario de recollida do lixo, ou se, pola contra, cambiou a finalidade do mesmo? ¿Podería explicarnos exactamente que traballo estaba a desenrolar o camión alí ubicado?


2.- Podería indicarnos se o mantemento do Centro de Saúde é competencia municipal? De ser así, por qué non se atenden as reclamacións que dende o centro de saúde se veñen facendo para que se revise a instalación electrica e así detectar por qué se vaí a luz con certa frecuencia? Supoño que é consciente de que nas neveras do centro de saúde se gardan as vacinas, có risco que supón para a poboación de Mugardos que estas esten en mal estado.

3.- Podería indicarnos a que se debe o parón que estan a sofrir as obras da rúa Areosa, unha vez transcurrido o período electoral?
Rogamos que se emita informe por parte de técnica/o competente para confirmar que as tapas de alcantarillado instaladas son conformes á lei.

4.-Podería indicarnos por qué os enseres permanecen durante varios días nas rúas? Rogamos se habilite unha solución para que a recollida de enseres se realice de tal forma que estos non teñan que estar varios días decorando as nosas beirarrúas e estradas.

5.- Ante as diferentes denuncias veciñais existentes sobre a actividade nocturna de Metalúrgicas del Atlántico e o tipo de actividade consistente en pintado:
¿ Ten Metalurgicas del Atlántico permiso para realizar a súa actividade durante a noirte, como pasou o día 20 de agosto?
¿ten Metalurgicas del Atlántico permiso para realizar a actividade de pintado?

6.- Pode decirnos se o policía local D.Ovidio Torrente ten as funcións de facer ofertas de compra de inmobles, estando na casa consistorial, cando os cidadáns veñen a preguntar pola oficina de rehabilitación dos cascos antigos da Vila de Mugardos e o Seixo?
Rogamos que se abra expediente informativo para clarificar dita situación.

7.- Podería decirnos se o Policía Local D.Ovidio Torrente ten compatibilidade para facer xestións no departamento de Urbanismo do Concello de Mugardos acompañando a diferentes promotores, como sucedeu no mes de agosto?
Rogamos que se abra un expediente informativo para clarificar dita situación.

8.- Pode decirnos por qué incumplindo o artigo 120 do R.O.F. do Concello, que marca tres días para contestar as preguntas realizadas no pleno, a día de hoxe e despois de que as preguntas foran realizadas o día 27 de xullo, aínda non obtivemos resposta?

9.- Pode indicarnos por qué se incumple o acordado no Pleno do día 3 de xullo sobre a periodicidade das sesións das comisións informativas?
Como exemplo: A comisión de obras,servicios, persoal,medio ambiente e parques ten unha periodicidade quincenal, pois ben esta tivo a súa primeira e derradeira comisión o día 27 de xullo.
Rogamos se cumpla o acordo plenario.


Respostas a algunhas das preguntas formuladas no pleno:

Á pregunta sobre o centro de saúde:
Recoñécese que hai problemas no sumistro electrico.

Á pregunta sobre a recollida de enseres:
O G.M. de E.U.-I.U., entende que non se deu resposta ó que facer para que isto non volva suceder no mes de verán do ano próximo. A única resposta foi constatar unha realidade que tódolos veciños puidemos observar, que se incrementou o número de enseres.

Areosa:
Faltan un tramos por meter da conducción eléctrica. Á segunda parte da pregunta non se nos contestou (Tapas do alcantarillado).

¿Por qué non se cumple o acordo plenario de convocatoria das comisións?
Como sempre, a resposta é "os funcionarios estan de vacacións, polo tanto hai un parón". EU-IU entende que son outros os motivos, e así daremos conta deles máis adiante e poderán comprobar os veciños que non é esa a realidade.

Ó resto das preguntas esperamos resposta por escrito, ó igual que ás preguntas do pleno do día 31 de xullo (recórdese que o prazo máximo para contestar é de 3 días hábiles)

No hay comentarios: