13 dic 2007

Sobreseída a querela interposta por Barcia contra Pilar Díaz


COMUNICADO ÓS MEDIOS

Asunto: Sobreseída a querela por inxurias e calumnias con publicidade afectante á autoridade interposta polo Alcalde, D. Xosé Fernández Barcia, contra Pilar Díaz.

No día de onte tivemos coñecemento da parte dispositiva do auto xudicial, do xuzgado de primeira instación e instrucción nº2 de Ferrol, correspondente ás dilixencias previas nº 327/07, que di textualmente:

Don Balbino Ferreirós Pérez,magistrado-juez del Juzgado de Primera Instancia e Instrucción nº2 de Ferrol, ACUERDA el sobreseimiento libre y archivo de las presentes actuaciones, al no ser hechos constitutivos de infracción penal”.

Recordemos que esta querela a interpuxo o Alcalde, D.Xosé Fernández Barcia, o 11 de abril, tendo que comparecer para declarar Pilar Díaz, o día 11 de xuño.

A base da querela que interpuxo o Alcalde remóntase ás actuacións impulsadas por Esquerda Unida-Izquierda Unida para dar a coñecer o que no seu bó entender poderían ser irregularidades urbanísticas e posibles vulneracións do P.X.O.M.

Nese mesmo acto compareceu, tamén, en calidade de testemuña, a arquitecta Dª Xulia Cortizas Díaz, que, a posteriori, o día 20 de setembro presentou no Xuzgado de Instrucción de Ferrol unha querela contra Pilar Díaz, tendo que acudir maña, ás 10,45h. ó xuzgado de instrucción nº3 para comparecer.


Mugardos, 13 de decembro de 2007


Portavoz do G.M. de E.U.-I.U.


Asdo. Pilar Díaz Otero

1 comentario:

Anónimo dijo...

enhoraboa