Onte pegamos un cartel có que pretendemos chamar a atención sobre unha situación lastimosa, que se arrastra desde hai demasiado tempo. Un contenedor de basuras onde o supermercado deposita, xa a mediodía, restos de peixe que xeran malos olores; unha caseta de obra esquecida polos seus donos; unha silveira; gatos e gatiños aos que se lles deixan alimentos xunto á beirarrúa... e todo, a escasos metros do centro do pobo, xusto en fronte da parada do autobús. O Concello debería pór remedio a esta situación ou ben animarse a crear un parque natural para a cría e engorde de microbios.
4 nov 2010
Foco de infección na rúa dos Corzás
Onte pegamos un cartel có que pretendemos chamar a atención sobre unha situación lastimosa, que se arrastra desde hai demasiado tempo. Un contenedor de basuras onde o supermercado deposita, xa a mediodía, restos de peixe que xeran malos olores; unha caseta de obra esquecida polos seus donos; unha silveira; gatos e gatiños aos que se lles deixan alimentos xunto á beirarrúa... e todo, a escasos metros do centro do pobo, xusto en fronte da parada do autobús. O Concello debería pór remedio a esta situación ou ben animarse a crear un parque natural para a cría e engorde de microbios.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
11 comentarios:
Ata que pasen as procesións polo lugar.
Cando menos hai unha gran contradición entre o que dí o Alcalde nos medios de comunicación referíndose á recollida de envases lixeiros cando dí que “ pon de manifesto o compromiso do equipo de goberno na protección do medio ambiente” e a lamentable situación denunciada por Esquerda Unida.
Por outra banda non estará de máis recordarlle ao Alcalde que a recollida selectiva,que tamén contempla os envases lixeiros,leva implantada en Mugardos desde moi lonxe.
Si Anonimo, a recollida selectiva leva implantada en Mugardos desde que a puxo en marcha o Bloque. Ese contedor hai que limpalo certo é.
Nese contedor hai que impedir que o súper tira restos de carne e peixe que quedan alí case un día enteiro. E do entorno, non paga a pena nin falar. Tamén é froito da estupenda acción de goberno de Barcia.
Case un día enteiro! Se goberna IU recolleredes os contendedores cada 12 horas non me cabe duda! O que haberá que impedir é que deixen restos de comida fora de bolsas, se é que o fan.
A única nova salientable polo espectacular (de espectáculo)que podemos destacar dende a chegada do BNG á Alcaldía,ainda que tampouco novedosa,posto que xa era unha práctica habitual perante a "DICTADURA" ,é e segue sendo a recuperación duha das sinais de identidade do "NACIONALCATOLICISMO",a participación activa do Alcalde presidindo as procesións da Igrexa Católica.
¡Ah! Así que se poden tirar restos de peixe e carne a mediodía, para que se recollan ó día seguinte. E os veciños de a pé tirando o lixo pola noite. Claro, as "empresas" merecen e reciben un trato preferente, é sabido...
¡Ah! Así que non se tiran en bolsas segundo vós. Cando se sancionou a un veciño por tirar de día (que conste que eu tiro sempre pola noite)
O último comentario non merece nin comentario. É unha manipulación tan obvia que non merecería nin ser publicado. Ven dicindo:
a) acusades ó súper de non usar bolsas. ¿Ónde se di tal cousa?
b) tampouco se sanciona a ningún veciño por tirar lixo de día. Aquí todo vale.
En fin, todo un filósofo... de base.
Primero en ese super se tira la basura no en una bolsa, sino en dos bolsas. Los restos del pescado como se dice se tira en un contenedor estanco, por lo que no gotea. El resto de basura órganica es casi inexistente, ya que el supermercado regala los desperdicios a los clientes para comida de perros.
Que ese rincón es un nido de ratas, lo es sin duda. El problema es de todos. ¿Quién lo tiene que resolver? ¿El propietario de la parcela ? ¿Los servicios municipales? Desde luego que eso esté así no es culpa del supermercado y si lo es que el ayuntamiento le oblige a tener un cuarto para la basura y que los basureros tengan llave, como sucede en otros sitios.
La caseta, pues ahí está...esperando a que alguien la retire. ¿Quién lo tiene que hacer?
Y darle de comer a los gatos...la mierda que cagan los perros que hay por todo el muelle, acera, calle peatonal...¿Quién tiene la culpa¿ ¿El Ayuntamiento también?
Señores, busquemos responsables y soluciones, pero seamos críticos. Que para decir que una casa está mal edificada por lo visto ya no hace falta ser arquitécto.
Un saludo.
Estimado sr. ou sra.:
é certo que, a partir da campaña de EU, segundo varios cidadáns desta vila, xa non se perciben os tremendos olores que se padecían antes, sobre todo en verán. Que a basura do súper se depositaba a mediodía, é un feito.
Con respecto ó propietario da finca, por suposto que ten que retirar unha caseta de obra que hai moito tempo que non fai nada alí. De igual modo, ten a obriga de limpar o seu terreo. E se non cumpre as súas obrigas, o responsable subsidiario é o Concello, que ten o dereito e a obriga de actuar e despóis pasar a factura ó propietario.
Con respècto ás deposicións dos cans, sucede os mesmos. Os responsables son os donos, pero quen ten que facer cumplir a Ordenanza é o Concello. E desde logo, para facer unha casa (ben ou mal) fai falla un arquitecto, pero os resultados pode velos quen queira, só cun pouco de información, sentido común e reflexión.
Un cordial saúdo.
Publicar un comentario