
Art 6º.- Cota tributaria
3,09€/m2/mes
Con carácter mínimo, considerarase que unha mesa e catro cadeiras ocupan unha superficie de 3m2.
Art. 7º.- Declaración, liquidación e ingreso.
1.- O pago da taxa realizarase por ingreso directo nas oficinas de Recadación Municipal, sempre antes de retirar a correspondente licencia.
2.- As persoas ou entidades interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta Ordenanza, deberán solicitar previamente, a correspondente licencia, realizar o depósito previo e formular a declaración na que conste a superficie do aproveitamento e os elementos que vanse a instalar, así como un plano ou croquis detallado da superficie que se pretende ocupar e da súa situación dentro do Concello.
3.- Os servicios técnicos do Concello poderán comprobar e investigar as declaracións formuladas polos interesados….
4.- No caso de denegarse as autorizacións, os interesados poderán solicitar a este Concello, a devolución do importe ingresado.
5.- No se consentirá a ocupación da vía pública ata que se abone o depósito previo e se obtivera a correspondente licencia polos interesados.
A presente ordenanza comenzará a aplicarse a partir do 1 de xaneiro de 2005, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.
Exemplo clarificador da cota tributaria (o que hai que pagar pola instalación de terrazas)
Por 1 mesa e 4 cadeiras corresponde pagar 9,27€/mes.
5 comentarios:
ola,
poden os cidadáns negarse a isa ocupación, pedir a súa nulidade?
Dígoo porque estase a ocupar en algúns sitios espazos de uso público perxudicando aos cidadáns nesa apropiación de superficie pública
Poden solicitar que se cumpla a lei de accesibilidade e que o Concello aprobe unha ordenanza para a colocación de terrazas. Agora carecemos desa ordenanza so temos aprobado a ordenanza fiscal pero esta non regula a ordenación das mesmas.Esto queda a criterio dos servicios técnicos e o grupo de goberno.
O martes 28 de xuño solicitaremos por rexistro no Concello as solicitudes e os pagos realizados por colocación de terrazas realizados durante o ano 2011 conforme á ordenanza fiscal nº13.
se fósedes quen de publicar a listaxe sería bo para que os veciños vexamos se efectivamente a terraza que está a amolar na rúa é legal
Ola, a resolución da Alcaldía nº 605/2011 de ddata 13 de xullo da cal se deu conta no pleno ordinario do 28 de xullo:
1º Aproba a liquidación das taxas correspondentes ós meses de xuño,xullo, agosto e setembro.
2º Concede autorización aos establecimentos para a ocupación con mesas e cadeiras, da superficie de dominio público.
A cuantía total das autorizacións concedidas é de 1.723,80€.
Publicar un comentario