
... e coherencia. Para os que pensen que EU-Mugardos actuou caprichosamente ou irresposablemente, votándose a si mesma na sesión de investidura, aquí van as primeiras valoracións e explicacións. Se é posible, esta semana convocaremos outra asamblea aberta a toda a cidadanía para explicar a nosa postura:
19 comentarios:
Espero e desexo, e creo coincidir con moitas e moitos mugardeses, que os responsables do Partido Popular e de Esquerda Unida a nivel municipal saibades administrar con acerto o plus de representatividade que os veciños e veciñas do Concello de Mugardos outorgáronvos nas urnas.
Nese sentido desexo tamén que deixedes ao carón as diferenzas ideolóxicas, todas elas respectables pero que considero que non son de ámbito municipal, polo menos nun Concello tan pequeno como é o noso.
Por todo iso, espero, desexo , e confio , que non perdades o tempo en “ disputas de patio de colexio” e centredes os vosos esforzos, traballo e colaboración para corrixir as derivas democráticas do goberno municipal do BNG e , chegado o momento, se fose necesario , teñades que relevar a toda a tripulación.
Grazas polo comentario. Non podemos coincidir no de "disputas de patio de colexio". Tampouco no de "plus de representatividade": o pobo decide e é soberano, pero se se compara o traballo de EU có do resto das forzas políticas de Mugardos, habería que concluír que son outros os que disfrutan dun "plus" que lles sae case gratis. Unha aperta.
pouco importan os motivos polos cales vos votáchedes, o que sí importa é o resultado desta decisión, seguemos a ter o mesmo goberno que hai oito anos e que non promete un futuro mellor para os veciños, así que nada, o do cambio quedou no aire coma sempre, así que pasaremos outros catro anos sen futuro. o pouco que poidades facer, facédeo ben que ó final somos nos, o pobo, quen paga polos erros do goberno municipal.
Eu penso que cada partido pensará que o seu traballo foi o mellor e que debería de verse recompensado,partimos de esa base.Creo que nestas eleccións o obxetivo era evitar o que sucedeu,e dende o pobo penso, que tamos abraiados do resultado, de que as duas persoas maís aptas para gobernar non poidan estar gobernando con 7 a dia de hoxe, creo que ,como opinion persoal, Mugardos estará moi parado durante 4 anos e tamén creo que por parte de todos non se ha feito todo o posible por evitar esta situación.Unha magoa.
Moi boas, pareceme o mais loxico que cos votos acadados continúe o mesmo alcalde, ainda que nos fastidie. Un pacto EU-PP é contra natura, sentiriame traicionado se despois de votar a EU, saise un alcalde do PP gracias ó apoio do meu voto. Hai que seguir traballando do mesmo xeito e con forzas renovadas para nas seguintes acadar a maioria. Os que quedaron retratados foron os do PSOE, porque ese sería o pacto que deberia acadarse. Non entendo como non houbo acordo con eles.
Pues es una pena que no hayais llegado a un acuerdo, al margen de ideologias, los dos partidos tenias unas estrategias bien definidas y trabajadas. Los programas tanto del PSOE como del Bloque me parecieron muy pobres. De todas formas, teniendo en cuenta los concejales de uno y otro, el acuerdo justo, en cuanto a la alcaldia, seria un periodo de (48 meses*4/7) para PP y otro de (48 meses*3/7) para EU. Es más, si se pudiese votar una opción en esa linea, lo haria, ya que bastante gente nos quedamos con ganas de votar a PP y a EU.
Programas parecidos, aparte de la ideología opuesta de ambos, ya que hay gente que vota a PP o EU por su ideología, y en el tema de Reganosa, como lo afrontarían el PP y EU, en el supuesto de aliarse contra el partido más votado por vuestro pueblo(BNG).
Gracias y un saludo.
Nunha primeira lectura da entrevista ao alcalde de Mugardos, publicada onte pola Voz de Galicia, pódese sacar algunha conclusión :
En primeiro lugar a contradición cando fala dunha “pinza” entre Esquerda Unida e o PP, e logo máis adiante recoñece que o posicionamento de Esquerda Unida foi motivado por presións da cidadanía.
Cando pretende facer o exame de conciencia e á vez especie dun propósito de emenda di que intentarán, non que o farán, corrixir aquelas cousas que fixeron mal pero, debe de ser por que foron moitísimas, sen citar ningunha e evitando pronunciarse sobre as formas .
Finalmente cando fala da estratexia do desgaste, para curarse en saúde, como se adoita dicir, pon o parche antes que a ferida ademais de facer unha valoración e cualificación peyorativa do dereito e á vez obrigación democrática de exercer a oposición.
Para rematar , non está demais recordar unha vez máis que a condición de demócrata non se obtén nin da autoproclamación nin tampouco das urnas , obtense día a día no exercicio da acción política sexa desde o goberno ou desde a oposición.
O anterior pode resultar tamén válido para a condición de esquerdas que tampouco vén dada por autoproclamación ou por pertencer a un determinado grupo ou organización política, porque tamén se adquire desde a coherencia coa práctica e o exercicio duns principios e valores que o goberno municipal do BNG nestes últimos anos non puxo en práctica.
para cando esa asamblea? Bah!..tanto ten
Iso o que foi é unha traición ao meu voto, a amición persoal da Sra. Pilar levounos a todos a seguir na miseria politica 4 años mais, que mais daba se gobernara o PP e nosoutros unha teniente alcalde ben distinguida da alcaldia, se todos sabemos de sobras de quen goberna na xunta e na provincia.... vergoñento Pilar vergoñento. o meu voto non o tes nunca mais.
EU Mugardos prometeu insistentemente durante a campaña electoral que faría todo o posible por botar a Barcia da alcaldía, e moitas persoas confiaron. Agora incumple a palabra dada e ademáis culpa ao PSOE, por non apoiar un pacto co PP, algo incomprensible porque, como todos sabemos, 4PP + 3EU = 7 (maioría absoluta). Se EU pensa que ese é o cambio que quere o pobo de Mugardos, ten na súa man facelo realidade, non precisa ao PSOE para nada.
Por outra banda, EU rexeitou presionar ao BNG para provocar a renuncia de Barcia e preferiu negociar únicamente co PP.
Entón ¿cal foi a razón de ser daquela promesa electoral? Atraer o voto dos descontentos do BNG para medrar electoralmente. Agora que o conseguíu, onde dixen digo digo Diego e se te vin non me lembro...
Hola, a quen nos deu o voto só pensando en desaloxar a Barcia da Alcaldía decirlle que tiña tres opcións máis para poder votar.Xa que todas facían fincapé en non pactar con Barcia. Nós presentamos un programa de goberno, unha forma de facer política e un balance do traballo realizado durante os catro anos. A pregunta é, ningunha formación salvo EU ten responsabilidade pola continuidade de Barcia como Alcalde? Os 900 votos que recibiu Barcia e que o convertiron na forza máis votada non teñen ningunha responsabilidade? Nós asumimos a nosa, non deixar que minusvaloren os 700 votos recibidos por EU e o seu programa electoral. Queremos un cambio de goberno non desaloxar a Barcia por resentimento. Si algún votante non entendeu que votaba a favor de EU e non contra Barcia lle pedimos perdón.Pero non pode decir que o enganamos por defender o noso programa.Ese é o noso contrato coa cidadanía.Non caben as revanchas persoais no vocabulario de EU. Gracias polos vosos comentarios.
Tranquilos, que isto non se a olvidar e pagaredelo políticamente. O voto da esquerda a voltar para donde estaba.
Sinto moito que non houbera cambio de goberno, Barcia e a sua cuadrilla xa non representan unha alternativa de futuro, pero ainda hai cabezoneria nun pobo cheo de cacicadas e amiguismos. É unha pena que non vos entendérades co PP, porque o candidato do PP parece un rapaz moi sensato e nun pobo eso é importante. Eu creo que vos entenderiades ben, pois sodes os unicos que traballan por Mugardos.¿4 anos mais de Barcia? Menudo suplicio...
Non se entende que prefirades a Barcia que a Juan Domingo, que se sabe que é unha persoa xove e mais preparada que Barcia que xa sabemos de que pé coxea. Ainda que non sexa do PP recoñezo que foi un erro non cambiar o goberno. A ultima oferta do PP non era nada mala. Por outra banda o PSOE parece unha banda, xa que colga polo pobo carteis que ainda o afunden mais se cabe. "A asamblea do PSOE decidiu por UNANIMIDADE non apoiar ó candidato do PP baixo ningunha circunstancia..." POis cando saiu o Virgin ben que pedian a sua dimision por activa e por pasiva "por responsabilidade politica". Pois se prefiren a Barcia e antes querian a sua dimision esta claro que calaña teñen estos do PSOE.
Hola,
Prefire Juan Domingo e o P.P. a Barcia antes que a Pilar Díaz e EU? Non somos máis xovenes e preparados que Barcia as/os concelleiras/os de EU? Era mala a oferta de EU?
Do pau que sufriron nas urnas o BNG e o PSOE , os dous partidos que perderon apoio social nas pasadas eleccións municipais , parece ser que xurdiu unha nova fórmula de organización política que, igual que acontece na actividade do negocio empresarial mediante a fórmula de unión temporal de empresas (UTE) , puidese considerarse, tendo en conta as experiencias e antecedentes da política local do noso municipio, como unha unión temporal de intereses (UTI) , que posiblemente se confirmará nos próximos días.
Toda esta situación absurda procede da pretensión de presentarse como o que un non é, o gañador das eleccións. O gañador foi o BNG, gústevos ou non. Pero si serviu para que vos retratárades con este case pacto co PP que só non se pechou porque cada un quería a alcaldía para si, ben se ve nas actas que só falastes do reparto do poder (programa de goberno, máis alá diso de ir quitando o galego, pouco falades). Dentro de catro anos volveremos vernos nas urnas.
Como aclaración ás notas de prensa que se envían desde a alcaldía aos medios de comunicación e neste caso coas relacionadas coa “suposta” dedicación exclusiva, non está demais recordar :
1.- En principio para renunciar a algo, hai que telo ,e que saibamos a dedicación exclusiva que tiña o alcalde de Mugardos era para o anterior mandato, polo tanto agora mesmo non a ten.
2.- O alcalde de Mugardos pola súa idade (68 anos) e polos seus anos de cotización como traballador e os 8 últimos pola percepción da dedicación exclusiva vai percibir , se non o fai xa , a correspondente pensión. Motivo polo cal resulta difícil pensar que vai obter o apoio plenario necesario para seguir gozando de devandita percepción económica.
3.- Ademais do anterior dicir que percibirá as cantidades que fixe o Pleno por asistencia ás reunións dos distintos órganos municipais, Pleno, Xunta de Goberno, Xunta de Portavoces, Mesa de Contratación, etc. e , se é o caso , polas Comisións Informativas .
Publicar un comentario