
O venres 2 de Setembro celebraremos unha asamblea aberta ás 8 da tarde no Centro Cívico, para explicar a nosa postura en relación cós Presupostos de 2011, as iniciativas do Grupo Municipal de EU nos últimos meses e outros temas de interés para a cidadanía.
Coma sempre, esperámosvos e querémosvos alí a todos os mugardeses, para falar do noso Concello, recabar a vosa opinión e dar conta do noso traballo.
8 comentarios:
Pode resumirse asi: en contra de todo.
Deberiades poñervos dacordo co PP e entre os dous gobernar o Concello, senon o perxuicio vamos telo os veciños sendo gobernados polo BNG. Uns fan o non fan e os demais en contra??? Asi imos para atras.
Estoy de acuerdo en que el BNG no va a aportar nada nuevo para mejorar Mugardos. Es una pena...
Actos como este , dos que deberían tomar nota os demáis grupos políticos da Corporación Municipal, son a plasmación práctica e real do que representa a democracia participativa que tanto escoitamos nos discursos de campaña electoral pero que , como no caso do Concello de Mugardos , na práctica diaria só uns poucos o practican.
Por iso desde aquí , ademais de mostrar a miña satisfacción e recoñecemento ao grupo municipal de Esquerda Unida polo seu incansable labor , quixera facer unha chamada á cidadanía para que participe neste tipo de actos .
En actos como ese dixeron que non deixarian volverer a gobernar ó BNG e mira por onde estamos no mesmo sitio, pero peor.
Moito bla bla bla e poucas solucions. Eu pide que....EU contra de que...EU plantexa que.... bla bla bla pero todo segue igual. O mesmo goberno, as mesmas cacicadas, as mesmas politicas, a mesma merda. Queremos feitos, compromisos entre os grupos que creceron nas eleccions. EU fixo un bo traballo pero o PP tamen. E ó final gañan os que non o merecen.
Ante todo, grazas polo recoñecemento do noso traballo. Pero permítanos un par de aclaracións:
1."En actos como ese" dixemos que pensábamos provocar un cambio de goberno: de goberno e de forma de gobernar, non de caras e de nomes. Por outra banda, "en actos como ese" expoñemos o noso labor, atendemos as consultas e críticas dos cidadáns e, desde logo, valoramos e agradecemos a súa presenza. Para nós, "en actos como ese" mídese o valor da democracia, dos cidadáns e dos políticos.
2.Iso que vostede chama "blablabla" son propostas, críticas e proxectos, froito do traballo diario. Chámase política. Política non é só estar nun goberno, senón representar responsablemente á cidadanía e cumplir co mandato recibido. Se ese traballo non chega a transformarse en actos concretos, porque o goberno ou o resto dos grupos non o consideran importante, non é culpa nosa. Pero cumplimos coa nosa parte, sobradamente.
Nun comentario anterior e en base aos feitos e realidades , non na palabrería e o discurso político carente de contido, e con relación á realización de asembleas abertas e participativas que está a realizar o grupo municipal de Esquerda Unida, dixen que era o claro exemplo da democracracia participativa : presentarse periodicamente ante a cidadanía para informar e render contas puntualmente da actividade municipal de todos e cada un dos seus concelleiros.
Hoxe teño que engadir que pola súa actividade permanente e xeneralizada están demostrando tamén, co seu exemplo , que a actividade política dos cargos públicos debe ser compromiso, dedicación e traballo , pero nunca “ un choio ” .
Publicar un comentario