5 sept 2011

Axudas á escolarización
















O venres 2 de Setembro, o grupo municipal de Esquerda Unida presentou no Rexistro do Concello unha solicitude para que se inclúan, na orde do día da próxima Comisión de Benestar (luns 5) as Axudas á Escolarización. Pensamos que, co curso a piques de comezar, é un tema que urxe.

1 comentario:

EU-IU dijo...

Finalmente, as axudas á escolarización irán incluidas no apartado de Emerxencia Social. Nós entendemos que non debería ser así. Entendemos que Emerxencia Social é un problema puntual e perentorio: non poder pagar o aluguer, non poder mercar comida, sufrir unha inundación na vivenda, etc. Cremos que o Concello debe colaborar co resto das Administracións para facilitar a escolarización, en condicións dignas, dos fillos de tódalas familias, sen necesidade de que se atopen nunha situación de "emerxencia social".