13 sept 2011

Axudas á escolarización e comedor escolar

























Na última Comisión de Benestar Social preguntamos novamente pola convocatoria de Axudas á Escolarización. A decisión do goberno é vincular estas axudas de material escolar á Emerxencia Social. Polo que sabemos, o comedor escolar podería entrar no mesmo capítulo. Queremos lembrar que o ano pasado estaban aprobados no Presuposto 1000 € para Axudas á Escolarización, pero non chegaron a convocarse. Agora, o BNG pretende incorporalas a Emerxencia Social. Pero Emerxencia Social, como o seu propio nome indica, é un capítulo destinado a axudar a familias que, nun determinado momento, sufren unha situación de grave dificultade económica, que lles impide facer fronte ó pago da luz, aluguer, alimentos, etc. Segundo o BNG, se un rapaz ou rapaza non está nunha situación de extrema necesidade, non ten dereito a axudas para mercar material escolar ou a bonificacións na taxa do comedor escolar. Iso, para o Bloque, non son dereitos sociais. O concepto que eles manexan é o de Beneficencia pública: ou estás exento de pagar o comedor porque estás nunha situación de extrema necesidade, ou pagas o importe completo do menú, sen diferenciar os diferentes niveis de renda, que é a nosa proposta, un cálculo diferenciado por tramos.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

A min entender isto é unha mostra máis do déficit de capacitación do actual goberno municipal do BNG, ademais de deixar ao descuberto tamén a falta de rigor dos grupos municipais que coa súa actitude pasiva permitiron que un goberno en minoría absoluta poida sacar adiante o Orzamento de 2011 sen introducir a máis mínima corrección ou achega que , polo que aquí explícase, fose moi necesaria e conveniente.

Nai de Primaria. dijo...

Ante o comezo do curso escolar cabe facerse algunha que outra pregunta:
1.- Por qué o servizo de comedor escolar non entra en funcionamento o día 12 de setembro ao tempo que o fai o colexio?.
2.- Segundo se nos ten informado ás nais e aos pais de alumnos do u.Mugardesa, a Xunta colaboraría económicamente co comedor escolar cunha axuda ao Concello ( incluso temos entendido que entorno aos 3000 €). Como redunda esa cantidade no servizo?.
3.- Por qué polo momento e tras o paso das eleicións non se segue a mover ficha ante a problemática que este ano houbo cas prazas de alumnado de Infantil, e as actuais instalacións educativas da U. Mugardesa?.
Seguiremos....

EU-IU dijo...

Imos por partes e centrémonos no que é responsabilidade do Concello: Esquerda Unida fixo unha proposta ao goberno: que convocasen a tres empresas e concedesen o servizo por tres meses; entre tanto, poderíamos discutir unha tasa que contemplase unha aportación dos pais diferenciando tramos de renta e, en Xaneiro, sacar a concurso o comedor por catro anos, evitando estes retrasos. Non foi aceptado. Solicitamos unha comisión extraordinaria(non se cobran, por tanto non representa custo a maiores para o Concello) a pasada semana para axilizar os trámites. Non se convocou.
Por certo, a Xunta aportou o curso pasado 5000 € e o Concello de Mugardos 1000 €, que é o que costaba, aproximadamente, o bus que levaba aos maiores á piscina.
¿Por qué non se solucionou antes, aínda que fose como quería o goberno? Iso é responsabilidade do goberno e da Xunta. En todo caso, preguntamos por este tema xa en Xullo.O que non é de recibo é que a dirección do colexio de Catro Camiños estivese convencida, o xoves da semana pasada, de que o día 12 habería o comedor e que se enterase por nós de que, tal como estaban as cousas, era prácticamente imposible.

EU-IU dijo...

O coste do autobús citado é... mensual.

Unknown dijo...

Como pais dun alumno de primaria me gustaría saber qué problema hai para que o comedor non comeze có curso, xa que agora tedes maioría de bloqueo. Ainda que os nenos non voten, os pais sí e moitos estamos a traballar e o servicio é unha necesidade non un luxo

EU-IU dijo...

Totalmente de acordo: é unha necesidade. Por iso queremos que se aprobe unha tasa coa contribución dos usuarios diferenciada por niveis de renda. Dende o comezo da nova Corporación preguntamos por este asunto e demos o noso punto de vista na Comisión de Benestar, Educación e Sanidade. Pero a Comisión é informativa. Aínda que vemos posible chegar a un acordo maioritario con outros grupos, a decisión da Comisión non vincula ao goberno. Con respecto aos "problemas técnicos", por así chamarlles, que fan que, de novo, se retrase o comezo do servizo, hai que preguntarlle a quen goberna. En todo caso, remitímonos ó noso comentario anterior: o goberno puido poñer en marcha o servizo sen necesidade de acordo co resto dos grupos: son dúas cousas distintas, a forma de concebir o servizo (todos pagan igual ou non, o Concello aporta máis ou menos, etc.) e a posta en marcha do servizo.